Nedgia estuda en Valencia a viabilidade de producir gas renovable a partir da palla de arroz - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Nedgia estuda en Valencia a viabilidade de producir gas renovable a partir da palla de arroz


  • Esta iniciativa, máximo expoñente da economía circular, tamén axudaría a solucionar a problemática ambiental que se xera cos residuos do cultivo de arroz.

NEDGIA, a distribuidora de gas natural do grupo Naturgy, puxo en marcha unha proba piloto en Paterna (Valencia) para estudar a viabilidade de producir gas renovable a partir da palla de arroz mediante a tecnoloxía da dixestión anaerobia.

O proxecto, que terá unha duración de cinco meses, realizarase no Centro Tecnolóxico AINIA en Paterna, unha entidade de I+D de referencia no ámbito da dixestión anaerobia e produción de biogás a partir de residuos orgánicos, e contará co apoio da enxeñaría Genia Bioenergy, especializada en plantas de biometanización.

Mediante a tecnoloxía de dixestión anaerobia quérese obter un biogás, que posteriormente se depuraría e enriquecería para que tivese unha calidade apta para a súa inxección na rede de distribución de NEDGIA, ademais dun produto fertilizante que poida aplicarse, de novo, na agricultura. Trátase, polo tanto, dunha solución enfocada cara a un modelo de economía circular, no que se reutilizan os residuos enerxéticos (gas renovable) e materiais (fertilizantes), reducindo a contaminación local e os gases de efecto invernadoiro.

Esta proba experimental busca solucionar o problema ambiental que hai na Comunidade Valenciana coa xestión dos residuos do cultivo de arroz, e que sería aplicable noutras zonas produtoras de arroz, como Andalucía ou o Delta do Ebro.

No caso de que a viabilidade do proxecto fose positiva, o proxecto tería un importante impacto económico e social na Comunidade e axudaría á conservación da flora e fauna do Parque Natural de l'Albufera, unha zona protexida de interese natural.

Con este novo proxecto, NEDGIA avanza na súa firme aposta polo gas renovable como solución para contribuír á descarbonización da economía. A compañía colabora no desenvolvemento de proxectos de demostración e innovación nos procesos de produción e redución de custos, ademais, participa nos principais grupos de traballo de interese con outras empresas do sector e coas Administracións públicas para compartir experiencias e aliñar as visións que os distintos axentes teñen do desenvolvemento do gas renovable.

Enerxía verde

O gas renovable é unha enerxía verde con balance nulo de emisións de CO2 que é totalmente intercambiable polo gas natural, polo que pode distribuírse a través dos máis de 87.000 quilómetros da infraestrutura gasista existente e empregarse coas mesmas aplicacións enerxéticas en fogares, industrias, comercios e tamén para mobilidade no transporte.

O desenvolvemento do gas renovable contribuirá ao cumprimento dalgúns dos obxectivos de enerxía e clima da Unión Europea, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro e aumentando o uso das enerxías renovables. Ademais, é o maior impulsor enerxético da economía circular: ofrece unha solución ao problema da xestión de residuos orgánicos mediante a valorización dos recursos (produción de enerxía renovable e de bioprodutos, principalmente biofertilizantes) e impulsa o desenvolvemento de zonas rurais mediante a creación de emprego e a dinamización da actividade económica.

Presenza na Comunitat Valenciana

NEDGIA opera na Comunitat Valenciana a través da súa distribuidora de gas natural na rexión, NEDGIA Cegas. A empresa xestiona arredor de 660.000 puntos de subministración en preto de 200 municipios e unha rede de distribución que supera os 8.700 quilómetros, o que permite que o 87% da poboación teña acceso a esta fonte de enerxía.

Ámbito e tema:  EspañaNedgia
 
Valencia, 27 de febreiro de 2019

rgpdactive true

argssite - CORP