Nedgia Navarra e ANAFONCA impulsan a expansión do gas natural en Navarra - Naturgy - Sala de prensa

Nedgia Navarra e ANAFONCA impulsan a expansión do gas natural en Navarra

 
  • O acordo ten como obxectivo dar a coñecer a veciños e comunidades, a través dos instaladores, a oferta comercial da distribuidora.

A directora de NEDGIA Navarra, María Miró, e o presidente de Anafonca (Asociación de empresas de fontanaría, calefacción, climatización, gas, prevención de incendios e afíns de Navarra), José María Tabar, asinaron hoxe un acordo para promover a instalación de gas natural nun maior número de vivendas, comunidades de propietarios e establecementos comerciais de Navarra a través dos técnicos instaladores asociados a Anafonca.

Con este acordo, a compañía distribuidora de gas natural do grupo Naturgy na Comunidade Foral busca incrementar o número de novos puntos de subministración nas vivendas conectadas á súa rede de distribución, polo que reforza así a presenza do gas natural en Navarra e impulsa a actividade dos instaladores, que poderán obter importantes vantaxes pola súa colaboración coa compañía.

NEDGIA Navarra formaliza con Anafonca os termos da oferta pública que realiza a ámbito nacional para profesionais e empresas instaladoras, e ofrece aos seus asociados unha serie de vantaxes adicionais: novas ferramentas de mobilidade na acción comercial, asistencia na tramitación dos contratos de forma dixital e formación comercial e técnica a través de cursos básicos para os asociados. O acordo comezará a ser operativo a partir do mes de outubro.

Presenza en Navarra

NEDGIA Navarra opera na Comunidade Foral dende hai 30 anos. A compañía supera os 145.000 puntos de subministración que abastecen a máis de 290.000 navarros en 106 municipios e conta con máis de 2.200 quilómetros de redes.

Ademais, a compañía subministra a preto de 41.200 vivendas a través de instalacións de caldeiras centralizadas de gas natural. Isto supón que máis do 93% da poboación de Navarra ten acceso a esta fonte de enerxía.

Sobre Anafonca

A Asociación de Empresas de Fontanaría, Calefacción, Climatización, Cas e Afíns de Navarra fundouse en 1977, baixo o amparo da Asociación da Industria de Navarra, co obxectivo de representar, xestionar, fomentar e defender os intereses das empresas e profesionais que a constitúen. Actualmente aglutina 400 empresas e profesionais do sector.


Ámbito e tema: Nedgia,  Negocio gas



 
Pamplona, 3 de xullo de 2018
 

rgpdactive true

argssite - CORP