Nedgia pon á disposición dos seus usuarios a aplicación dixital YoLeoGas Multidistribuidora para facilitar a lectura do gas - Naturgy - Sala de prensa

Nedgia pon á disposición dos seus usuarios a aplicación dixital YoLeoGas Multidistribuidora para facilitar a lectura do gas

 

  • Trátase dunha nova aplicación dixital que está dispoñible para todo tipo de dispositivos móbiles e que permite dar a lectura do contador de gas a todos os usuarios das principais distribuidoras de gas de España, sexa cal for a súa comercializadora.
  • A iniciativa reflicte o impulso firme cara á dixitalización por parte das diferentes compañías distribuidoras de gas, que buscan xuntas facer máis doado e dotar de maior transparencia os diferentes trámites que están asociados á facturación do servizo enerxético.

NEDGIA, a distribuidora de gas do grupo Gas Natural Fenosa, puxo á disposición dos seus usuarios a aplicación móbil YoLeoGas Multidistribuidora, para facilitar o proceso de lectura do contador do gas.

Trátase dunha iniciativa compartida polas principais distribuidoras de gas de España, NEDGIA, Redexis Gas, Madrileña Red de Gas e Nortegás, que, cada vez máis comprometidas cunha maior eficiencia nos procesos, apostan pola dixitalización e pola súa firme vocación de servizo ao cliente poñendo á disposición dos seus usuarios unha mesma aplicación para facilitar a lectura do gas.

A nova aplicación permite facilitar a lectura de forma sinxela a través do móbil ou tableta. O usuario só ten que rexistrar o número do CUPS (Código Unificado de Punto de Subministración que figura na factura emitida polo comercializador) na aplicación e facer unha foto ao equipo de medida. A APP avisa o cliente se a foto é correcta e a envía aos sistemas informáticos da distribuidora correspondente, que a procesa de forma automática.

Entre as opcións que ofrece a aplicación, encóntrase a configuración de notificacións para que o usuario reciba un aviso no momento en que debe realizar a lectura do contador. Ademais, a App mostra o histórico de lecturas para que o cliente poida levar o control do seu consumo.

A aplicación, que está xa dispoñible, pode ser utilizada por todos os usuarios de gas canalizado de España das distribuidoras promotoras da aplicación, así como por todas as comercializadoras existentes, que poderán recibir de forma online a información de consumo de cada punto de subministración.

Con esta aplicación multidistribuidora, as compañías buscar ir máis alá do mero cumprimento normativo, que require poñer á disposición dos consumidores e comercializadoras un sistema para a comunicación da lectura do contador.

Coa creación desta App, as distribuidoras buscan unha achega de valor engadido para todos os axentes que interveñen no proceso, xa que a dixitalización do proceso de lectura se traduce nunha maior comodidade e facilidade para o usuario, nunha maior eficiencia para todos os axentes implicados —xa que se evitan incongruencias nos datos de consumo—, unha maior transparencia nos trámites asociados á facturación do servizo e unha maior trazabilidade do proceso, ao ter un repositorio dos consumos do usuario.

O sector do gas en España

As empresas distribuidoras en España son as responsables do desenvolvemento, a operación e o mantemento da rede de distribución de gas en España, á que están conectados máis de 7,8 millóns de usuarios, segundo datos de Sedigas a peche de 2017.

Pola súa banda, as compañías comercializadoras que operan en España subministran ao consumidor final o gas que reciben a través das instalacións das empresas distribuidoras.

Non obstante, é responsabilidade das distribuidoras o proceso de lectura do contador, paso previo necesario para a facturación do consumo.

Enlaces de descargas
App Store
Google Play

 

Ámbito e tema: Clientes, España, Nedgia, Negocio gas
 

 
Madrid, 17 de abril de 2018 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.

argssite - CORP