O Consello de administración de Gas Natural Fenosa nomea conselleiros dominicais a Javier de Jaime, José Antonio Torre de Silva e Juan Arbide - Naturgy - Sala de prensa

O Consello de administración de Gas Natural Fenosa nomea conselleiros dominicais a Javier de Jaime, José Antonio Torre de Silva e Juan Arbide


  • O Consello de administración de GAS NATURAL FENOSA nomeou conselleiros dominicais a Javier de Jaime, José Antonio Torre de Silva e Juan Arbide, que substituirán os tres conselleiros dominicais de Repsol.
  • Así mesmo, o órgano de goberno de GAS NATURAL FENOSA nomeou a Francisco Belil Creixell membro da Comisión de Auditoría, e a Ramón Adell Ramón, membro da Comisión de Nomeamentos e Retribucións.


Unha vez executada a venda a RIOJA BIDCO SHAREHOLDINGS, S.L.U. das accións titularidade de REPSOL, S.A. en GAS NATURAL SDG, S.A., o Consello de administración da sociedade, na súa sesión que tivo lugar o día 17 de maio de 2018 acordou nomear conselleiros dominicais polo sistema de cooptación, ata a próxima Xunta Xeral que se realice, a:

-          Javier de Jaime Guijarro, que representa á sociedade RIOJA BIDCO SHAREHOLDINGS, S.L.U. Así mesmo, foi nomeado membro da Comisión Executiva e da Comisión de Nomeamentos e Retribucións.

-          José Antonio Torre de Silva López de Letona que representa á sociedade THEATRE DIRECTORSHIP SERVICES BETA, S.à.r.l. Así mesmo, foi nomeado membro da Comisión Executiva e da Comisión de Auditoría.

-          Juan Arbide Estensoro, que representa á sociedade THEATRE DIRECTORSHIP SERVICES DELTA, S.à.r.l.

Por outra parte, o Consello de administración aceptou as renuncias presentadas por Luis Suárez de Lezo, Íñigo Alonso de Noriega Satústregui e Guillermo Llopis García dos seus cargos de conselleiros dominicais en representación de Repsol, agradecéndolles a súa valiosa colaboración en interese da compañía, así como a alta profesionalidade demostrada no desempeño dos seus cargos.

O Consello de administración tamén acordou nomear a Francisco Belil Creixell membro da Comisión de Auditoría; a Ramón Adell Ramón, membro da Comisión de Nomeamentos e Retribucións; e aceptar a renuncia aos seus cargos de membro da Comisión de Auditoría e membro da Comisión de Nomeamentos e Retribucións de Cristina Garmendia.

Composición do Consello de administración e as súas comisións

Consello de administración:

Presidente executivo: D. Francisco Reynés Massanet

Vogais-Conselleiros: D. William Alan Woodburn (1); D. Ramón Adell Ramón (2); D. Enrique Alcántara-García Irazoqui; D. Xabier Añoveros Trías de Bes; D. Marcelino Armenter Vidal; D. Mario Armero Montes; D. Francisco Belil Creixell; Dª Benita María Ferrero-Waldner; D. Alejandro García-Bragado Dalmau; Dª Cristina Garmendia Mendizábal; Dª Helena Herrero Starkie; D. Rajaram Rao; Rioja Bidco Shareholdings, S.L.U. (D. Javier de Jaime Guijarro); Theatre Directorship Services Beta, S.à.r.l. (D.  Jose Antonio Torre de Silva López de Letona); Theatre Directorship Services Delta, S.à.r.l.  (D. Juan Arbide Estensoro)

(1) Vicepresidente

(2) Conselleiro Coordinador.

Comisión Executiva: 

Presidente: D. Francisco Reynés Massanet

Vogais-Conselleiros: D. Ramón Adell Ramón; D. Marcelino Armenter Vidal; D. Francisco Belil Creixell; Dª Benita María Ferrero-Waldner; D. Alejandro García-Bragado Dalmau; D. Rajaram Rao; D. William Alan Woodburn; Rioja Bidco Shareholdings, S.L.U. (D. Javier de Jaime Guijarro); Theatre Directorship Services Beta, S.à.r.l. (D. Jose Antonio Torre de Silva López de Letona)

Comisión de Auditoría:

Presidente: D. Ramón Adell Ramón.

Vogais-Conselleiros: D. Enrique Alcántara-García Irazoqui; D. Xabier Añoveros Trías de Bes; D. Francisco Belil Creixell. Dª. Helena Herrero Starkie; D. Rajaram Rao; Theatre Directorship Services Beta, S.à.r.l. (D. Jose Antonio Torre de Silva López de Letona).

Comisión de Nomeamentos e Retribucións:

Presidente: D. Francisco Belil Creixell.

Vogais-Conselleiros: D. Ramón Adell Ramón; D. Alejandro García-Bragado Dalmau; D. William Alan Woodburn; Rioja Bidco Shareholdings, S.L.U. (D. Javier de Jaime Guijarro)

Ámbito e tema: Corporación, Nomeamentos

Madrid, 18 de maio de 2018

rgpdactive true

argssite - CORP