Os CEO das principais distribuidoras de gas de Europa reúnense en Bruxelas coa comisaria de Transporte para explicar o papel clave do gas natural na mobilidade sustentable


  • Nedgia, GRDF, Italgas, Galp e Distrigaz Sud Retele integran a coalición Gas Distributors for Sustainability (GD4S) que impulsa a contribución clave do gas natural e o gas renovable na descarbonización do transporte en Europa.


A directora executiva de NEDGIA, Nuria Rodríguez, xunto cos CEO de GREDF (Francia),  Edouard Sauvage, de Distrigaz Sud Retele (Romanía), Dan Pantilie, de Italgas (Italia), Pablo Gallo, e o de Galp Gás Natural Distribuição (Portugal), Gabriel Sousa, reuníronse hoxe coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, en Bruxelas, para presentar as vantaxes do gas natural e o gas renovable para a descarbonización do transporte en Europa.

Un día despois do workshop organizado pola coalición Gas Distributors for Sustainability (GD4S) sobre a contribución do gas natural e o gas renovable na descarbonización do transporte, aproveitaron para presentar á comisaria Violeta Bulc diferentes casos de éxito de cidades que optaron por solucións a gas para a mobilidade urbana e evidenciar que hoxe esta opción representa unha solución real para reducir emisións no ámbito do transporte.

Os conselleiros delegados das empresas de distribución solicitaron á comisaria ter en conta o potencial do gas natural e o gas renovable para acelerar a descarbonización do transporte e permitir á Unión Europea lograr os seus obxectivos climáticos.

Os representantes das distribuidoras de gas realizaron as seguintes peticións clave:

-          Aplicación de neutralidade tecnolóxica en todas as políticas para garantir unha descarbonización eficaz do sector do transporte: Deberíanse considerar todas as tecnoloxías en situación de igualdade para garantir unha comparación máis realista do impacto ambiental dos diferentes combustibles.

-          Desenvolvemento dunha análise de emisións que teña en conta todo o ciclo de vida do combustible, en vez dun enfoque baseado nas emisións do tubo de escape: para poder comparar os beneficios medioambientais de distintas enerxías, é fundamental ter en conta a cadea de subministración completa, incluíndo o efecto da fabricación e eliminación das baterías no caso dos vehículos eléctricos.

-          Un enfoque coherente entre as lexislacións europeas sobre enerxía e mobilidade para o segmento dos vehículos lixeiros: para garantir unha coherencia real entre as distintas lexislacións sobre mobilidade, enerxía e infraestruturas.

LA coalición GD4S cre no potencial do gas renovable como solución fiable para o futuro da mobilidade limpa na UE. Para cumprir os obxectivos climáticos europeos para o sector do transporte non se necesitará unha única solución, senón unha combinación de ferramentas distintas e eficaces que poidan integrar solucións de electromobilidade e gas.

Sobre Gas Distributors for Sustainability (GD4S Coalition)

A Coalición GD4S está formada por cinco das principais operadoras de distribución de gas de Francia, Italia, España, Romanía e Portugal. Nestes países circulan máis do 86% dos vehículos a gas en Europa, e entre as 5 empresas distribuidoras fan chegar o gas natural a máis de 25 millóns de consumidores en Europa. GD4S está comprometida a participar nunha mobilidade e enerxía máis limpa en Europa, e para eles é necesario dar a coñecer o potencial do gas natural e renovable.

Ámbito e tema: NedgiaInternacional

Bruxelas, 21 de xuño de 2018

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.