Apostamos polas persoas, a sustentabilidade e o estímulo social como valores fundamentais
Mantemos acordos de colaboración coas máis prestixiosas universidades, escolas de negocio e entidades públicas, co fin de xerar espazos de colaboración e incorporar talento.
Programa de Xuventude Profesional
Somos 12.700 persoas. Para nós, o talento novo é a enerxía que necesitamos para afrontar os retos presentes e futuros da nosa compañía.
Como empresa global e líder no sector enerxético, contamos con oportunidades para a xuventude profesional en todas as nosas áreas de negocio e divisións corporativas. Desenvolvemos a nosa actividade en 30 países en áreas de comercialización, distribución, transporte, aprovisionamento de gas, xeración, trading e enxeñaría.
Queres formar parte da nosa canteira de líderes do mañá? Coñece os nosos programas Júnior Talent e MBA Program. Se tes formación en enxeñaría, ciencias exactas, ADE/economía e márketing, e queres vivir unha experiencia profesional retadora, internacional, de proxección e cun alto impacto social, únete: Acepta o reto!
Máis información
Alianza para a Formación Profesional Dual
Co obxectivo de facilitar a inserción laboral da xuventude en España, sumámonos á Alianza para a Formación Profesional Dual, que permite que os estudantes desenvolvan a súa formación en réxime de alternancia entre o centro educativo e a empresa, incentivando así o emprego xuvenil. Participamos como un axente social activo na transformación do modelo educativo que están a propoñer e impulsar as administracións públicas en busca dunha formación profesional máis orientada ás necesidades reais que demanda o mercado de traballo.
Esta Alianza é unha iniciativa promovida pola Fundación Bertelsmann xunto coa Fundación Princesa de Girona, a Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e a Cámara de Comercio de España.
Máis información