-
Así somos
O noso proxecto global desenvólvese en máis de 20 países e conta coa implicación directa de 11.847 persoas.
O empoderamento das persoas é unha das pancas que accionan a transformación e, neste sentido, centramos os nosos esforzos en definir un modelo de xestión, conectando os novos obxectivos estratéxicos coas persoas e simplificando os procesos para acompañar a creación de valor.
O modelo de persoas concíbese como un ecosistema dinámico que permite ás persoas ser parte da evolución da compañía e está integrado por tres grandes áreas.
O noso equipo
Compromiso e fidelización
Traballamos os eixos de atracción, fidelización e segmentación do talento.
Compensación Total
Vinculamos a clasificación profesional, a retribución e a contorna de traballo.
Formación
Un elemento clave na evolución e desenvolvemento dos nosos profesionais.Proposta de valor para os empregados
Incorpora os atributos e razóns que nos definen, como lugar para traballar, reflectindo o valor que a compañía achega tanto ás profesionais que traballan nela, coma a futuros empregados e resto de grupos de interese:Debuxar un proxecto retador, de futuro e innovador no que crecer como persoas e profesionais. | |
A enerxía xorde do equipo, profesional e diverso que comparte inspiración e aprendizaxe, e no que apoiarse para crecer, imaxinar o futuro e alcanzalo. | |
Achegar valor grazas ao empregado, crer na súa enerxía, na súa responsabilidade e autonomía como clave do negocio, así como no seu esforzo diario, para deixar pegada nos clientes, e na busca dunha sociedade máis sostible e próspera. | |
Liderar o propio destino: e ser clave como empresa, como equipo e como persoas. |