A nosa proposta de valor


Promovemos un ámbito de traballo de calidade, baseado no respecto, a diversidade e o desenvolvemento persoal e profesional. Contamos cun Código Ético onde se establecen as pautas que han de presidir o comportamento ético de todos os nosos empregados no seu desempeño diario e, especificamente, no que respecta ás relacións e interaccións que mantén con todos os seus grupos de interese. 



Xestión do talento

É unha función homoxénea en todos os negocios, que se rexe por uns obxectivos compartidos definidos no modelo de liderado. Este marco, orientado á consecución de resultados, define as competencias e comportamentos esperados dos profesionais, de acordo cos principios de ética, colaboración, igualdade de oportunidades e respecto á diferenza.

As ferramentas para a xestión do talento, que teñen como finalidade coñecer os profesionais, promover o seu desenvolvemento e optimizar a mobilidade e a promoción, intégranse en catro piares: avaliación, desenvolvemento, sucesión e job posting.

En 2018:


 87% do equipo directivo cambiou de funcións.

 Un 44% foron mobilidade transversal.

 853 vacantes foron cubertas a través do proceso de mobilidade.

A xestión do talento vela tamén pola atracción de profesionais de alto potencial a través de varias iniciativas:

Programa de prácticas profesionais

Mantemos alianzas coas principais universidades e centros de ciclo superior. 

Compromiso con FP Dual

Formamos 160 persoas en 2018. 

On-boarding

O obxectivo é o acompañamento aos novos profesionais que se integran na organización, mellorando a experiencia do empregado.


 

Plan Ingegral de Diversidade
 

O noso compromiso pola diversidade é firme, polo que se consolida o Plan Integral de Diversidade, que aglutina iniciativas específicas para a xestión de persoas, clasificadas en tres ámbitos de actuación: 

Xénero

Plan de desenvolvemento específico para o talento feminino que actúa sobre a incorporación de talento, o impulso ao liderado e formación online en diversidade.
   

Discapacidade

Impulsamos diversas accións encamiñadas a normalizar a xestión da diversidade funcional: Plan Familia, Plan Capacitas, Plan Aflora e Certificado Bequal Plus.
 

Idade

Traballamos a diversidade xeracional a través de accións dirixidas e planificadas, como Junior Talent, aceleración do talento e monitorización da mobilidade e a promoción.


Igualdade

Dende 2013 contamos cun Plan de Igualdade que parte de catorce fortalezas para manter e catorce debilidades para corrixir, que dan orixe a 32 accións en materia de comunicación e sensibilización, cultura e liderado, desenvolvemento e promoción, retribución, flexibilización e conciliación, selección, prevención do acoso, medición e seguimento.

A creación e activación dun protocolo específico contra o acoso, o protocolo de boas prácticas nos procesos de selección ou a guía de comunicación para os profesionais de negocio, que deben intervir por algunha razón nun proceso de selección, son algunhas das medidas postas en marcha que propiciaron importantes avances en materia de diversidade e igualdade:


​​ A presenza da muller superou a fronteira do 30% do total, por enriba de empresas do sector.

 As mulleres ascenden máis rápido (2 anos antes en mandos intermedios e 6 meses de media en equipo directivo) e a porcentaxe de mulleres promovidas é superior (33%) ao seu peso porcentual no persoal.

 O 66% das directivas de Naturgy en Europa pasaron polos programas de formación Take the Lead e Hazte visible, cunha alta valoración destes.

Flexibilidade

Apostamos polo equilibrio entre a vida profesional e persoal mediante a aplicación de medidas de flexibilización laboral, servizos e beneficios.

O certificado EFR Global recoñece a Naturgy como un referente da nova cultura socio-laboral e empresarial, grazas ás medidas corporativas e locais en materia de conciliación:


 Flexibilidade de horario de entrada/saída e xornada intensiva en verán.

Ampliación dos permisos por nacemento, matrimonio, defunción e outros equivalentes.

 Pólizas e servizos de asistencia médica (hospitalización, asistencia, avaliación oftalmolóxica, plan odontolóxico e outros equivalentes). 

 Complementos das prestacións públicas nos supostos de incapacidade temporal.

 Colaboración en actividades culturais, deportivas e recreativas.

 Achegas económicas para compensación de comida. 

 “Plan Familia”, dirixido aos familiares (pais, fillos, irmáns e cónxuxes) de empregados cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e idades comprendidas entre os 0 e 65 anos.

 Axudas para o desenvolvemento de estudos profesionais de empregados e para o desenvolvemento de programas de bolsas e axudas para libros mediante un fondo con distintas regulacións e alcance.

 Plans de pensións e/ou fondos de aforro.

 Préstamos, anticipos e facilidades crediticias e de seguros a empregados e as súas familias.

 Bonificacións do consumo eléctrico e de gas natural.

 Acordos preferenciais con entidades financeiras e de seguros.

 Residencias vacacionais.

 Axudas familiares por nacemento de fillo, matrimonio, para gardaría e para profesionais que teñen fillos con capacidades diferentes.

Voluntariado corporativo



É unha iniciativa de acción social impulsada pola Fundación Naturgy que ten por obxectivo aproveitar o coñecemento dos empregados para axudar as persoas vulnerables. Actualmente hai 481 empregados e xubilados da compañía adscritos a este programa.

 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.