Creamos valor formando e desenvolvendo as persoas
Queremos desenvolver profesionais que sexan protagonistas do cambio para construír o futuro coa nosa visión
A formación consolídase como panca estratéxica de transformación, impulsando o desenvolvemento e empoderamento dos nosos profesionais en sintonía cos retos de competitividade, innovación e sostibilidade.
Queremos desenvolver profesionais que sexan protagonistas do cambio para construír o futuro coa visión da compañía, ofrecendo un ámbito de aprendizaxe continua, con metodoloxías, ferramentas e coñecementos que facilitan o crecemento dos nosos profesionais, conectándoos con tendencias, tecnoloxías e mellores prácticas, e impulsando o seu desenvolvemento en habilidades e competencias vinculadas ao noso modelo de liderado.
Neste sentido, a Universidade Corporativa é unha das pancas de transformación, ao servizo das persoas e dos negocios, para contribuír á creación de valor e á consecución dos nosos obxectivos. Garante a adecuación entre o posto e a persoa a través da entrega de coñecementos clave, a conexión coas últimas tendencias, tecnoloxías e co desenvolvemento de habilidades e competencias vinculadas ao noso modelo de liderado e cultural.
259.703 horas de formación |
92,6% persoal formado |
5 M € investimento en formación |
26,6 horas formación empregado |
8,6 media satisfacción participantes |
O noso modelo de formación
Contamos con tres academias que, de xeito complementario, permiten ao noso equipo facer fronte aos desafíos do presente e do futuro, a través da aprendizaxe continua, o desenvolvemento do rol de liderado e a adopción de novas formas de traballo.
-
Transformational Leadership
Liderado para a transformación
Promove o rol de líder como iimpulsor do cambio en Naturgy. Conta con programas xestionados en alianza coas mellores universidades e escolas de negocios, nacionais e internacionais. -
Tech Academy
Coñecemento experto
Promove o coñecemento técnico necesario para cada posto, permitindo o desenvolvemento eficiente, a incorporación de metodoloxías innovadoras, a calidade e homoxeneidade do coñecemento experto en todos os negocios.
-
Extended Academy
Excelencia na cadea de valor
Promove unha oferta formativa dirixida as empresas que participan na cadea de valor de Naturgy co obxectivo de que melloren a súa eficiencia operativa, incorporen metodoloxías innovadoras e desenvolvan habilidades para a excelencia nas operacións e servizo.
-
Consello asesor
Conexión á estratexia
Contamos cun Consello Asesor formado por representantes da alta dirección da empresa e asesores externos de prestixiosas institucións académicas para facer a conexión permanente entre a estratexia da compañía e a formación dos nosos profesionais.
Best in class
Aprobamos en calidade!
A excelencia na xestión continúa estando avalada por un sistema de xestión de calidade consonte a norma ISO 9001:2015, renovado en 2020 por tres anos.
Dende 2003, contamos tamén coa acreditación CLIP (Corporate Learning Improvement Process) outorgada pola European Foundation for Management Development (EFMD) que recoñece a calidade dos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento de persoas nas organizacións de educación empresarial. A última renovación CLIP realizouse en 2018, con vixencia de 5 anos. En 2020, realizouse unha revisión actualizada da evolución dos compromisos adquiridos en 2018, a través da CLIP Interim report.
Recoñecementos e certificacións
Noso Campus

Campus Puente Nuevo é o espazo de referencia da Universidade Corporativa. Situado na localidade castelán-leonesa de El Tiemblo, na provincia de Ávila, está especialmente creado para reunirse, traballar e reflexionar en plena natureza. Nesta extraordinaria contorna de grande interese cultural e natural, é posible, ademais, realizar actividades para gozar, compartir e crear equipo.