Campus Puente Nuevo, sede da Universidade Corporativa, é un lugar de encontro tranquilo e relaxante. Un espazo adaptado que permite garantir o éxito de cada evento e reunión, convertendo as iniciativas que alí se levan a cabo en experiencias únicas.

Historia

As nosas instalacións

  
Campus Puente Nuevo conta cunha extensión de máis de 5 hectáreas, que acolle diferentes instalacións deportivas e sendas saudables para gozar da natureza de forma relaxada.

As instalacións contan con seis auditorios para eventos e encontros, así como con trinta e cinco salas equipadas con tecnoloxía de última xeración para reunións e xornadas de formación.
Vista aérea do campus

Formación e eventos



Instalacións docentes con tecnoloxía de última xeración para todo tipo de encontros. Con 6 auditorios e 35 salas repartidos en sete edificios, un deles dedicado á formación en idiomas.

Instalacións deportivas

 

Cunha sauna, piscina, pistas de pádel, pista multiúsos (baloncesto, tenis, fútbol e voleibol); bicicletas, campo de petanca e outros xogos tradicionais.

Restaurante e churrasquería

 

Restaurante con capacidade para 168 comensais, zona de churrascada para 150 persoas e recuncho chill-out.

Club social

 

Diferentes ambientes personalizables con: TV dixital/DVD, bar, karaoke e DJ; sala de xogos (billar, diana electrónica, pimpón, fútbol de mesa) e terraza.

Amplo e polivalente

 

Cinco hectáreas nun marco incomparable.

Senda botánica

 

Para gozar da natureza e coñecer a nosa diversidade botánica.

Paseo saudable

 

1 km de ruta creada para que goces mentres coidas da túa saúde.

Ludoteca

 

Espazo no que están dispoñibles libros, DVD e variados xogos de mesa.

Información e accesos

Dende Madrid, saída 36 pola M-40. Pasado Boadilla del Monte, tomar a M-51 ata San Martín de Valdeiglesias, onde se colle a N-403 dirección El Tiemblo, para tomar antes o desvío da AV-502, estrada que leva ao Campus Puente Nuevo.
Enmarcado na serra de Gredos, a menos dunha hora de Madrid, o Campus Puente Nuevo brinda a oportunidade de desconectar, reflexionar e inspirarse en plena natureza.
 
 

Visita la web del Campus




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.