Formación e aprendizaxe
A nosa Universidade Corporativa, pioneira en España dende o ano 2000, é un lugar de encontro, debate e formación cuxo obxectivo é que todos os profesionais continuemos desenvolvendo as nosas capacidades e fagamos realidade os obxectivos da compañía.
Apostamos pola formación de todos os profesionais co obxectivo de promover a innovación e a excelencia no desenvolvemento do talento, tanto en habilidades coma en coñecementos técnicos, a través do Instituto de Liderado e do Instituto Técnico, pancas estratéxicas de transformación ao servizo do negocio.

Alcance global
85,8%
do persoal formado
25,2
30%
de formación online
Best in class
Aprobamos en calidade!
Dispoñemos dun sistema de xestión da calidade conforme coa Norma ISO 9001:2015, renovado en 2017 e coa acreditación CLIP (Corporate Learning Improvement Process), que outorga a European Foundation for Management Development (EFMD) dende 2003 e renovada por última vez en 2018 para un período de cinco anos. Esta certificación recoñece a calidade dos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento de persoas nas organizacións.
O Premio Global CCU recoñece a excelencia e os avances realizados polas organizacións de aprendizaxe empresarial. O premio recoñeceu a colaboración no proxecto “Coidamos a experiencia” e a Formación Profesional Dual.