• Negocio

    Quen é Naturgy?

    Naturgy é un grupo multinacional líder no sector enerxético, pioneiro na integración do gas e a electricidade. Tras a adquisición da compañía eléctrica Unión Fenosa, terceira do mercado español, Naturgy culminou o seu obxectivo de integrar os negocios de gas e electricidade nunha compañía con longa experiencia no sector enerxético, capaz de competir de forma eficiente nuns mercados sometidos a un proceso de crecente integración, globalización e aumento da competencia.

    O seu modelo de negocio está baseado nun axeitado equilibrio entre os negocios regulados e liberalizados nos mercados gasista e eléctrico, cunha notable contribución internacional.

    Cales son as súas principais liñas estratéxicas?

    Naturgy presentou o seu Plan estratéxico para o período 2018-2022 en xuño de 2018, co cal xerará valor a través da simplicidade e accountability, a optimización, a disciplina financeira e a retribución ao accionista. A compañía fixou os seguintes obxectivos financeiros para 2022: alcanzar un ebitda de 5.000 millóns e un beneficio neto de 1.800 millóns de euros.
     
    Así mesmo, a compañía comprometeuse a aumentar o dividendo por acción un mínimo dun 5% anual a partir de 2018, que acadará os 1,59 euros por acción en 2022.
     
    Naturgy ten previsto investir 8.400 millóns de euros durante o período 2018-2022, dos cales 5.300 millóns destinados a investimentos de crecemento.
     
    Cal é a posición de Naturgy no mercado español?

     Naturgy é a maior compañía integrada en gas e electricidade de España e a terceira distribuidora de gas e electricidade do mercado ibérico.

    Lidera a distribución de gas en España, dá servizo a máis de 1.000 municipios e supera os cinco millóns de clientes. No negocio da electricidade, é a terceira compañía do país, onde distribúe a 3,7 millóns de clientes. En xeración de electricidade, conta cunha presenza relevante en diferentes tecnoloxías: centrais de ciclo combinado, hidráulica, carbón, coxeración, eólica e nuclear.
     
    Cal é a presenza internacional do Grupo Naturgy?

    Está presente en 30 países e conta con máis de 18 millóns de puntos de subministración, cunha potencia instalada de 15,5 GW e un mix diversificado de xeración de electricidade.

    Para ver máis detalle dos negocios en cada país, pode acceder á ligazón Presenza no mundo:
      
     Quen son os principais accionistas?

     

    CRITERIA CAIXAGIPRIOJA ACQUISITION
    21,1%20,6%20,7%
    ENERGÍA BOREAL 2018SONATRACH  
    3,7% 
    (sociedade controlada por Criteria)
    4,1% 








       
     
    NOTA:

    • Criteria Caixa é titular directa e indirectamente dun 24,8% dos dereitos de voto.
    • GIP: Global Infrastructure Partners.
  • Cotización en bolsa

    Cal é o número de accións en circulación?

    O capital social é de 969.613.801 euros, e está integramente subscrito e desembolsado. O capital social está integrado por 969.613.801 accións de 1 euro de valor nominal cada unha delas, representadas por anotacións en conta, pertencentes a unha mesma clase e serie, e cos mesmos dereitos tanto políticos coma económicos.

    Cal é o código bolsista das accións de Naturgy?
     
    Dende o 2 de xullo de 2018, o código de contratación das accións de Naturgy Energy Group. S.A. no mercado continuo español é “NTGY”, que substituíu o de “GAS” utilizado dende maio de 2001 ata esa data. Con anterioridade, e dende xullo de 1989, data na que se iniciou a contratación electrónica, ata maio de 2001, utilizouse o de “CTG”.
     
    Cal é o código ISIN das accións de Naturgy?
     
    O código ISIN das accións de Naturgy é ES0116870314

    En que bolsas cotizan as accións de Naturgy?

    As accións cotizan nas catro bolsas españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia) a través do mercado continuo.

    De que índices bolsistas forman parte as accións de Naturgy?

    Forman parte do Índice Selectivo Español (IBEX 35) dende as súas orixes (1992).

    Así mesmo, as accións de Naturgy forman parte de índices de sostibilidade tales como:
    • Dow Jones Sustainability Index
    • FTSE4Good
    • Carbon Disclosure Project
    • MSCI Global Climate Index

    Estes índices inclúen as empresas do mundo mellor posicionadas no cumprimento dos criterios de sostibilidade e responsabilidade corporativa.

    Para máis información, acceda ao noso apartado Índices de sostibilidade da nosa web corporativa. 
     
    Como se pode investir en accións de Naturgy?
     
    Poderá acceder ao mercado secundario onde se negocian os valores mediante un intermediario financeiro autorizado: calquera entidade bancaria, axencia de valores ou sociedade de valores.

    O intermediario ha de estar rexistrado na CNMV ou no Banco de España e debe estar autorizado para ofrecer servizos de investimento en España ou un estado membro da UE.
     
    Como se pode consultar a cotización de Naturgy?
     
    No apartado de cotizacións da nosa web corporativa, poderá consultar a cotización. Tamén dispón doutras opcións, como facer comparativas con índices de referencia, empresas do sector, consultar cotizacións históricas e exportalas a Excel, entre outras.

    Así mesmo, pode consultar a cotización das accións a través doutras webs de intermediarios financeiros ou de institucións bolsistas, como por exemplo:

    Bolsas e Mercados

    Bolsa de Madrid 

    Bolsa de Barcelona

     

     
  • Dividendos

    Cal é a política de remuneración aos accionistas de Naturgy?
     
    Coa presentación do Plan Estratéxico 2018-2022, anunciouse a política de remuneración ao accionista para o devandito período.

    Naturgy mellora substancialmente a remuneración ao accionista aumentando o seu dividendo a 1,3 euros por acción en 2018, un 30% máis que en 2017. Ademais, comprométese a aumentar o dividendo por acción, en efectivo, un mínimo dun 5% anual a partir de 2018, que acadará os 1,59 euros por acción en 2022.

    De acordo co Plan Estratéxico 2018-2022, Naturgy comprométese cos seus accionistas a executar tres pagamentos por dividendo. Así, o dividendo pagarase:
    1. Un primeiro pagamento á conta ao finalizar o primeiro semestre (20% do importe total do dividendo).
    2. Un segundo pagamento á conta ao peche do terceiro trimestre (35%).
    3. Un dividendo complementario unha vez realizada a Xunta Xeral de Accionistas (45% restante).
       
    Así mesmo, para reforzar a nova política de retribución ao accionista, e en caso de non materializar investimentos inorgánicos que cumpran os criterios mínimos de investimento establecidos, a compañía podería destinar un máximo de 2.000 millóns de euros no período (2018-2022) a unha recompra de accións propias (share buy back).

    Que é a ‘ex date’ a respecto do pagamento de dividendo?

    É a data a partir da cal as accións xa non teñen dereito ao cobramento do próximo dividendo (dous días hábiles bolsistas antes do pagamento).

    Cando se deben posuír as accións para ter dereito ao cobramento do dividendo?

    De acordo cos sistemas de liquidación bolsista, debe estar en posesión das accións ao peche do día anterior á data denominada ‘ex date’, que é a data en que as accións cotizan tras descontar o dividendo e xa non teñen dereito ao seu cobramento.

    Cando se poden vender as accións sen perder o dereito ao cobramento do dividendo?

    En calquera momento a partir da data ‘ex date’, xa que o dividendo xa foi descontado malia que non se fixera o pagamento aínda.

     
  • Xunta Xeral de Accionistas

    Cando terá lugar a Xunta Xeral de Accionistas?
     
    De acordo co artigo 164 da Lei de sociedades de capital, a xunta xeral ordinaria, previamente convocada para tal efecto, reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada exercicio, para, se é o caso, aprobar a xestión social, as contas do exercicio anterior e resolver sobre a aplicación do resultado. Isto é antes do 30 de xuño de cada ano.
     
    Onde vai ter lugar a Xunta Xeral de Accionistas?
     
    De acordo co artigo 175 da Lei de sociedades de capital, a xunta xeral realizarase no termo municipal onde a sociedade teña o seu domicilio. Dado que o domicilio social de Naturgy é na avda. San Luis 77, 28033 Madrid, a Xunta Xeral debe realizarse no termo municipal de Madrid.
     
    O lugar e hora exacta farase constar na Convocatoria da Xunta Xeral.
     
    Cal é o número mínimo de accións necesario para asistir á Xunta?
     
    Poderán asistir á Xunta Xeral os accionistas que sexan titulares de calquera número de accións, sempre que as teñan inscritas no correspondente rexistro contable (Iberclear) con cinco días de antelación á súa realización, e dispoñan da correspondente tarxeta de asistencia, que se expedirá, con carácter nominativo, polas entidades bancarias nas que están depositadas as accións ou directamente por Naturgy.
     
    En caso de ser accionista e non poder asistir á Xunta Xeral, podo facer que me represente outra persoa?
     
    O dereito de asistencia á Xunta Xeral será delegable a favor de calquera persoa, dando conta a Naturgy da representación conferida. A representación debe conferirse por escrito ou por medios de comunicación a distancia na forma establecida na convocatoria da Xunta Xeral, que poderá incluír a correspondencia postal, o correo electrónico ou calquera outra técnica de comunicación electrónica admitida por Naturgy para estes efectos, co fin de garantir a identidade —tanto do accionista que outorga a representación coma do representante que este designe— e a seguridade e integridade do contido da comunicación a distancia.
     
    A representación deberá recibila Naturgy ata as 24 horas do día anterior ao do inicio da Xunta Xeral de Accionistas en primeira ou segunda convocatoria, segundo corresponda, polo que o Consello de Administración poderá reducir esta anticipación dándolle a mesma publicidade que se dea ao anuncio de convocatoria.
     
    En caso de ser accionista e non poder asistir á Xunta Xeral, pode representarme o meu cónxuxe, pai ou fillo?
     
    As restricións legais non serán de aplicación cando o representante sexa o cónxuxe ou un ascendente ou descendente do representado, nin tampouco cando aquel ostente un poder xeral conferido en documento público con facultades para administrar todo o patrimonio que o representado tiver en territorio nacional. Neste caso, deberase acreditar a relación de parentesco no momento de asistir á xunta.
     
    Se un accionista non pode asistir á Xunta Xeral, pode votar a distancia?
     
    Os accionistas con dereito de asistencia poderán emitir o seu voto sobre as propostas relativas aos puntos da orde do día mediante correspondencia postal ou comunicación electrónica.
     
    O voto mediante correspondencia postal emitirase remitindo á sociedade un escrito no que conste o voto, acompañado da tarxeta de asistencia.
     
    O voto mediante comunicación electrónica admitirase cando, coas condicións de seguridade e idoneidade o permitan, así o determine o Consello de administración mediante acordo, e será comunicado no anuncio de convocatoria da xunta de que se trate. No devandito acordo, o Consello definirá as condicións aplicables para a válida emisión do voto a distancia mediante comunicación electrónica, de conformidade co disposto no Regulamento da Xunta Xeral de Accionistas.

     
  • Información financeira

    Onde se pode encontrar información financeira referente á compañía?
     
    Toda a documentación e información legal requirida polo organismo supervisor do Mercado de Valores, a Comisión Nacional do Mercado de Valores, está dispoñible na nosa páxina web corporativa e na da CNMV

     
    Para máis información, consulte a nosa sección de Información económica

     
  • Rating

    Que é a cualificación crediticia?
     
    O rating ou cualificación crediticia é un indicador da capacidade que ten unha entidade de pagar a súa débeda. As axencias, encargadas de determinar o risco de crédito tanto a longo como a curto prazo, basean os seus cálculos en variables, como o historial de pagamentos, a relación entre activos e débeda da empresa, entre outros.

    Por que é importante?
     
    Crea un perfil internacional co que pode acceder máis doadamente ao mercado para financiarse e permite ter unha referencia global para comparar a nosa situación e evolución con outras empresas.

    Ao estar baixo permanente vixilancia da saúde financeira da compañía, aumenta a transparencia.
     
    Cal é a cualificación actual das compañia?

     
    Axencial/p.Perspectiva
    S&PBBBEstable
    FitchBBBRWN
     
    Pódese ampliar esta información no apartado de Ratings da nosa web corporativa.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.