Política de remuneración ao accionista para o período 2018-2022

 
Naturgy mellora substancialmente a remuneración ao accionista aumentando o seu dividendo a 1,3 euros por acción en 2018, un 30% máis que en 2017. Ademais, comprométese a aumentar o dividendo por acción, en efectivo, un mínimo dun 5% a partir de 2018, que acadará os 1,59 euros por acción en 2022.

De acordo co Plan Estratéxico 2018-2022, Naturgy comprométese cos seus accionistas a executar tres pagamentos por dividendo, en efectivo.

Calendario de pagamento

- Un primeiro pagamento á conta ao finalizar o primeiro semestre (20% do importe total do dividendo).

- Un segundo pagamento á conta ao peche do terceiro trimestre (35%).

- Un dividendo complementario unha vez realizada a Xunta Xeral de Accionistas (45% restante).

Así mesmo, para reforzar a súa política de retribución ao accionista, e en caso de non materializar investimentos inorgánicos que cumpran os criterios mínimos de investimento establecidos, a compañía podería destinar un máximo de 2.000 millóns de euros no período (2018-2022) a unha recompra de accións propias (share buy back).
Dividendos satisfeitos pola sociedade.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.