ReUseHeat

Que é?
ReUseHeat é un proxecto europeo de innovación baseado na recuperación de calor en contornas urbanas que engloba ata 16 partners distintos en toda Europa. Está financiado polo Programa Horizonte 2020 de Investigación e de Innovación da Unión Europea, en virtude do acordo de subvención 767429, o cal ten entre todos os seus obxectivos mellorar a eficiencia enerxética, a descarbonización e a penetración das enerxías renovables. Este proxecto realizarase durante os próximos 4 anos.
Naturgy participa no proxecto realizando unha proba piloto no hospital Universitario La Paz en Madrid, en colaboración coa UTE GNS-Veolia e o hospital, na que se avaliarán os beneficios dun sistema de recuperación de calor proveniente do sistema de refrixeración do hospital. Ademais de Madrid, haberá outros pilotos en Brunswick (recuperación de calor en Centros de Procesamento de Datos), Niza (recuperación de calor de augas residuais) e Bucarest (recuperación de calor en estacións de metro).



Obxectivos
A finalidade deste proxecto é a de estudar a dispoñibilidade da calor residual nas distintas cidades que participan, analizar os diferentes casos de uso e realizar as probas piloto en cada unha destas cidades. Unha vez que estean dispoñibles os resultados reais, analizaranse e avaliaranse para poder estudar a súa reprodutibilidade a grande escala. Todo isto quérese conseguir mediante:Integración de fontes baixas en emisións contaminantes nas redes de calor
A utilización de calor que na actualidade se está a desaproveitar
O impulso da eficiencia enerxética nas cidades
Beneficios
Dobre aforroA produción de calor será moito máis eficiente a causa do aproveitamento da calor residual. | |
Reducirase o consumo de auga e enerxía que necesita o circuíto de disipación. |
Como valor engadido, o hospital seguirá prestando servizos de forma máis sustentable e contribuirá á innovación tecnolóxica para o aforro enerxético.
A nivel general, la experiencia de las cuatro pruebas piloto proporcionará orientación para los futuros inversores y desarrolladores de proyectos de este tipo y respaldará la utilización futura del exceso de calor urbano.
Desta forma, acelerarase a aceptación no mercado deste tipo de solucións.
Participación
O proxecto ReUseHeat está financiado polo Programa Horizonte 2020 de Investigación e de Innovación da Unión Europea.
Está liderado por Naturgy e conta coa participación de Veolia.


