Tag/Corporación - Naturgy - Sala de prensa

Corporación
 

Buscador de notas de prensa

Mostrar ContidoOcultar Contido
  • Notas de prensa(50)

    • 22-07-2020 Nota de prensa

      Naturgy conclúe a primeira etapa do seu Plan Estratéxico e actualizará as bases para a seguinte fase de transformación o próximo outono

      Corporación, Económico financeiro

      A compañía concluíu a primeira parte do seu Plan Estratéxico 2018-2022 e anuncia para o último trimestre a celebración dun Capital Markets Day onde explicará a súa seguinte fase de transformación, profundará na estratexia industrial para a creación de valor en cada un dos seus negocios e actualizará así os seus obxectivos, reafirmando os seus compromisos co dividendo, coa creación de valor sostenible en todos os grupos de interese e ESG.
    • 17-05-2019 Nota de prensa

      Naturgy patrocina a VI edición da Noite Aberta de Plasencia

      Corporación, Patrocinios

      O alcalde de Plasencia, Fernando Pizarro, e a responsable de desenvolvemento de proxectos renovables de Naturgy en Estremadura, Ana Ruiz, asinaron un acordo de colaboración polo que a multinacional enerxética será patrocinadora, por segundo ano consecutivo, da Noite Aberta de Plasencia.
    • 30-04-2019 Nota de prensa

      Naturgy progresa na implantación do seu Plan Estratéxico ao rexistrar un ebitda ordinario de 1.167 millóns de euros, un 6% máis que en 2018

      CorporaciónEconómico financeiro

      Naturgy demostrou nos resultados do primeiro trimestre de 2019 o progreso na implantación do seu Plan Estratéxico cunha decidida aposta polas enerxías renovables, o que mostra o sólido plan industrial do grupo, tanto a ámbito nacional como internacional. Ao mesmo tempo, a compañía reduciu o seu perfil de risco e elevou a súa exposición en activos regulados con novos investimentos..
    • 04-04-2019 Nota de prensa

      Francisco Reynés traslada ao presidente de Arxentina a vontade de Naturgy de ampliar a presenza do gas natural no país

      América, Corporación

      O presidente de Naturgy, Francisco Reynés, reuniuse onte en Bos Aires co presidente da República de Arxentina, Mauricio Macri, e co secretario de Goberno de Enerxía, Gustavo Lopetegui, na sede do Goberno arxentino.
    • 01-04-2019 Nota de prensa

      A conselleira de Economía, Patricia Franco, visita a planta fotovoltaica La Nava, a primeira que Naturgy poñerá en marcha en Cidade Real

      Corporación, EspañaProxectos fotovoltaicos
       

      A conselleira de Economía, Industria e Emprego de Castela-A Mancha, Patricia Franco; o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, José Luis Cabezas; o alcalde de Almodóvar del Campo, José Lozano; a alcaldesa de Puertollano, Mayte Fernández; o director de Desenvolvemento de Xeración de Naturgy, Carlos González, e o delegado de Desenvolvemento de Proxectos Renovables en Castela-A Mancha de Naturgy, David Muñoz, visitaron hoxe a planta solar fotovoltaica La Nava, a primeira que a compañía poñerá en marcha na provincia de Cidade Real.
    • 12-03-2019 Kit de prensa

      Novo código visual

      Corporación España


      Naturgy lanzou unha nova campaña, que conta con varias pezas de animación, dirixida a todos os públicos de interese, co obxectivo de explicar o seu novo código visual para facer máis sinxela e áxil a comunicación cos seus clientes.

    • 11-03-2019 Nota de prensa

      Naturgy lanza un novo código visual para simplificar a comunicación cos seus clientes

      España, Corporación

      Naturgy lanzou hoxe unha nova campaña dirixida a todos os públicos de interese co obxectivo de explicar o seu novo código visual para facer máis sinxela e áxil a comunicación cos seus clientes. A compañía enerxética simplifica así a comunicación cos consumidores e traslada os principais valores da marca: sinxeleza, innovación, experiencia e respecto á sociedade e á contorna.
    • 05-03-2019 Nota de prensa

      A Xunta de Naturgy aprobou os resultados do exercicio e avalou a xestión do equipo directivo no primeiro exercicio do seu novo Plan Estratéxico

      España, Corporación, Xunta Xeral de Accionistas

      O presidente executivo de Naturgy, Francisco Reynés, presidiu a Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas da compañía, que tivo lugar hoxe en Madrid, na que os accionistas aprobaron os resultados así como o informe de xestión da compañía correspondente ao exercicio 2018.
    • 25-01-2019 Nota de prensa

      Naturgy é a única enerxética española recoñecida como líder mundial pola súa acción fronte ao cambio climático

      Resto de EuropaNedgia
       
      Naturgy foi recoñecida por oitava vez consecutiva como líder mundial pola súa acción fronte ao cambio climático, segundo o prestixioso índice elaborado por CDP, a organización sen ánimo de lucro que analiza anualmente a acción climática das principais compañías a ámbito internacional.
    • 10-01-2019 Nota de prensa

      Naturgy conmemora o seu 175 aniversario cun concerto de música clásica no Teatro Real presidido pola súa maxestade o rei

      CorporaciónOutros

      Naturgy conmemorou onte o 175 aniversario da compañía cun concerto de música clásica no Teatro Real, de Madrid, presidido pola súa maxestade o rei.
    • 14-12-2018 Nota de prensa

      UFD investiu 40.000 euros en mellorar a calidade da subministración eléctrica no municipio de Cabana de Bergantiños

      Corporación, Negocio electricidade
       
      UFD, a empresa de distribución eléctrica de Naturgy, investiu ao redor de 40.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en media e baixa tensión no municipio de Cabana de Bergantiños. En concreto, a compañía puxo en servizo estes días unha liña de media tensión aérea de 17 metros, unha liña de baixa tensión de 550 metros e un centro de transformación intemperie de 100 KVA na parroquia de Nantón, no lugar do Denellón, o que mellora a calidade de subministración aos clientes da zona.
    • 11-12-2018 Nota de prensa

      Naturgy investirá 43 millóns de euros na construción do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, na provincia de Lugo

      España, Corporación, Renovables
       

      Naturgy comezou as obras de construción do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, que se situará no municipio da Pastoriza, na provincia de Lugo. Este proxecto contará cun total de 14 aeroxeradores que sumarán unha potencia total de 48,5 MW e supoñerá un investimento de aproximadamente 43 millóns de euros.
Non hai elementos que coincidan coa súa busca

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.

argssite - CORP