O noso compromiso coa sociedade vai máis alá da nosa actividade empresarial
Estamos comprometidos co desenvolvemento económico e social das rexións nas que desenvolvemos as nosas actividades
Liñas prioritarias
Patrocinio, mecenado e doazóns
Acción social, voluntariado e participación dos empregados
Relación coas comunidades e impacto social
Vulnerabilidade enerxética
Principios
Diálogo coa comunidade
Avaliación do impacto social
Creación de valor compartido
I Investimento social
Coñecemento
Fundación Naturgy
Fundación Naturgy é unha institución sen ánimo de lucro creada en 1992 por Naturgy, cunha vocación de formación e sensibilización da sociedade en materia de sostibilidade, enerxía e medio ambiente.
Desenvolve programas sociais para paliar a vulnerabilidade enerxética e impulsa actividades técnicas, formativas e divulgativas para comprender os retos ambientais do planeta e mover a sociedade á acción.
Vulnerabilidade enerxética
Sempre fomos sensibles á pobreza enerxética e ás diferentes situacións de dificultade dos nosos clientes, por iso facilitamos o pagamento e desenvolvemos todas as operativas necesarias para axilizar os trámites que permitan dar prioridade as persoas en situación de vulnerabilidade.
Actualmente temos acordos asinados en toda España con diferentes administracións, especialmente con comunidades autónomas, que permiten a protección dos clientes vulnerables.
Relacións coas comunidades
Os nosos principios Os nosos principios |
Voluntariado corporativo
Estruturamos o noso Programa de voluntariado corporativo en dúas dimensións, social e ambiental, con especial atención ao ámbito enerxético. Ao longo de 2019, 1.084 empregados de Arxentina, Brasil, Chile, España, México, Panamá e República Dominica destinaron xunto cos seus acompañantes máis de 6.585 horas ao voluntariado corporativo e máis de 80 iniciativas.
-
Voluntariado ambiental
Saber máis -
Voluntariado enerxético
Saber máis -