Fundación Naturgy

Liñas de traballo da Fundación
Acción Social: máis preto de ti

A Fundación Naturgy desenvolve distintos programas de acción social tanto no ámbito nacional coma internacional, para contribuír a paliar a vulnerabilidade enerxética dende diferentes ámbitos de actuación: a rehabilitación enerxética de vivendas, a formación e o voluntariado enerxético. Ademais, xestiona o voluntariado ambiental de Naturgy, co fin de sensibilizar sobre a protección da nosa contorna e mellorar espazos naturais con actuacións concretas de recuperación ambiental.
Saber máis
Sensibilización sobre enerxía e medio ambiente: un futuro sostible

A nosa Fundación divulga e sensibiliza sobre aspectos de actualidade relacionados coa enerxía e o medio ambiente. O obxectivo é achegar a opinión dos expertos á sociedade, con propostas precisas que permitan avanzar na achega de coñecementos, alternativas e solucións, e que promovan un debate serio e rigoroso baseado no coñecemento.
Saber máis
Educación e divulgación: a transición enerxética, en mans de todos

Ofrece unha proposta formativa e divulgativa que ten como obxectivo a transmisión de valores sobre o cambio de modelo enerxético, a preservación do medio ambiente, o uso eficiente e o consumo responsable da enerxía para un futuro mellor para todos. O programa educativo da nosa Fundación promove o coñecemento de disciplinas tecnolóxicas e ofrece as ferramentas necesarias para comprender as novas tecnoloxías enerxéticas.
Saber máis
Ligazóns de interese
Onde estamos
Fundación Naturgy
Enderezo: Avda. San Luis 77. Madrid
Correo electrónico: fundacionnaturgy@naturgy.com