Relación coas comunidades

No marco da nosa Política de Dereitos Humanos, adquirimos un firme compromiso co respecto ás comunidades locais.

Para a consecución deste compromiso, son aspectos clave a avaliación do impacto social que as nosas actividades poidan ter sobre as comunidades afectadas e a contribución á mellora das condicións de vida destas.

Dispoñemos dunha sistemática baseada na metodoloxía Measuring Impact do World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), cuxo obxectivo é axudar a definir iniciativas e programas para xestionar de xeito efectivo os impactos sociais asociados á actividade da compañía.

Actualmente, primamos a realización de avaliacións de impacto social naquelas localizacións onde queremos abordar novos proxectos de investimento. Nestas avaliacións mídense numerosos impactos, entre eles, o impacto sobre os dereitos humanos.
Muller e nena en parque eólico
Algúns dos nosos proxectos.
  • Persoas no programa de Impacto Social en Bujagali (Uganda). Nenos no colexio.

    Parque eólico Berry Bank (Australia)

    Levamos a cabo un plan de compromiso social e repartición de beneficios coa
    comunidade local próxima ao parque de enerxía renovable, asociado ao contrato co Goberno do estado de Vitoria.
     
      
    Saber máis
  • Traballador en parque eólico de Bií-Hioxo (México)

    Parque eólico de Bií-Hioxo (México)

    Atendendo ao noso firme compromiso de respecto dos dereitos humanos e dos modos de vida tradicionais, colaboramos permanentemente con esta comunidade local desenvolvendo programas que responden ás súas necesidades e contribuíndo a mellorar as súas condicións de vida.
     

    Saber máis
  • Programa de accións coa comunidade educativa. Brasil.

    Planta fotovoltaica Sobral I (Brasil)

    Continuamos coa implantación do Proxecto Básico Ambiental Quilombola, co fin de crear valor compartido e impacto social positivo no territorio.
      

    Saber máis

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.