O noso compromiso coa sociedade vai máis alá da nosa actividade empresarial

 


 

O Compromiso social e o Interese polas persoas son dous dos nosos compromisos máis firmes. Coidar do noso talento interno e das comunidades nas que desenvolvemos a nosa actividade son piares fundamentais da nosa responsabilidade corporativa.
 

Compromiso social

 
Mantemos o noso compromiso coa sociedade e vehiculámolo a través das accións da nosa Fundación. Actuamos en tres ámbitos distintos: o social, o medioambiental e o cultural.
 

 
Achega da empresa (millóns de euros)
2018201720162015
11,0012,869,989,89

Os nosos obxectivos para 2019


  Seguir fomentando o Plan de vulnerabilidade enerxética

 Aprobación do Procedemento Xeral de Patrocinio e Doazón, e implantación en todos os países e sociedades

 Enerxía e mobilidade intelixente para mellorar a calidade do aire

 

Principios

 
 Diálogo coa comunidade
 Avaliación do impacto social
 Creación de valor compartido
 Investimento social
 Coñecemento

 

Accións

 
 Proxectos da Fundación Naturgy
 Acceso á enerxía
 Axuda ante situacións de vulnerabilidade
 Relación coa comunidade

 
 
 
  
 

Proxectos

 
 Escola de enerxía
 Axudas ao terceiro sector
 Rehabilitación de vivendas
 Convenios de tarifas sociais e sistemas de cotas
 Apoio á educación, saúde e medio ambiente

Interese polas persoas

 
Desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coas persoas. Ofrecemos un ámbito de traballo de calidade, baseado en principios como: o respecto, a diversidade e o desenvolvemento persoal e profesional.

As nosas ferramentas

Dúas alumnas traballando nos ordenadores da aula do proxecto solidario en Jorf El Melha.

Caso de éxito: Día Solidario

A Asociación Día Solidario creouse en 1997 grazas á sensibilidade social dun grupo dos nosos empregados e á necesidade de dar resposta urxente ás necesidades que vían ao seu arredor.

Un dos seus casos de éxito é o proxecto en Marrocos, que tiña como obxectivo a inserción de novas mulleres no mercado laboral para que puidesen mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias. A recadación do ano 2012 destinouse á execución deste proxecto, e as beneficiarias das nosas bolsas foron 14 mozas das zonas rurais de Jorf El Melha, que acreditaron bo expediente académico pero unha falta dos recursos económicos necesarios para acceder a estudos universitarios. O convenio de colaboración asinouse con Dar Taliba, unha asociación sen ánimo de lucro destinada á loita contra a deserción na educación das nenas do ámbito rural na rexión de Jorf El Melha. O importe da axuda ascendeu a 250.000 euros e a duración do proxecto foi de tres anos, distribuídos en cinco promocións.

 

Saber más




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.