En Arxentina, facilitamos servizos de gas natural a máis de 28.000 persoas en Cuartel V, un barrio de baixos recursos económicos situado na Provincia de Bos Aires. As súas vivendas revalorizáronse e a factura enerxética reduciuse.

A experiencia serviu para reducir a pobreza, xerar desenvolvemento comunitario e, ademais, estendeuse a outros barrios co apoio do Banco Interamericano de Desarrollo (BID) e a Fundación Pro Vivienda Social.

No distrito de Cuartel V de Bonos Aires, no que un 65% da poboación vive por debaixo do limiar da pobreza, axudamos a que máis de 20.000 persoas teñan acceso a unha enerxía máis limpa e segura.

Pola súa contribución ao desenvolvemento, o proxecto Cuartel V foi premiado co prestixioso Premio Platts e está a ser obxecto de estudo de múltiples universidades e escolas de negocio.

Beneficios

  • Directos

     28.000 persoas, máis da metade da poboación, beneficiáronse do proxecto.

     Reduciuse o orzamento destinado á enerxía dun 14% da renda a un 3%.

     Financiamento das obras ata en 84 cotas fronte ás 36 habituais doutros clientes.

     Xerouse emprego mediante a contratación de veciños do barrio para a execución das obras e a captación.

     Acceso a unha enerxía máis limpa e segura, que inclúe sistemas de calefacción.

     Valorización das vivendas e acceso á propiedade.

     Desenvolvemento e fortalecemento das organizacións civísdo barrio.

     Chegada doutras empresas de servizos públicos.
  • Para a empresa

     Máis de 134 km de nova rede construídaata 2016.

     Investimento dende o inicio do proxecto, máis de 880.000 € dende o comezo do proxecto.

     Identificación e desenvolvemento de distintas alternativas de financiamento que permitan continuar e acelerar o desenvolvemento do proxecto (participación do FOMIN).

     Estes clientes xeran unha facturación de aproximadamente 300.000 $ anuais.

     Pola súa orixinalidade para abordar problemas estruturais de infraestrutura, Cuartel V é un caso de estudo en distintas escolas de negocios (IAE, Universidade Di Tella, ESADE, a Universidade de San Diego...).

     Ademais conforma un capítulo no libro Business Solutions for the Global Poor, editado pola Escola de Negocios da Universidade de Harvard

Os veciños de Cuartel V

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.