No marco da nosa Política de Dereitos Humanos, adquirimos un firme compromiso co respecto ás comunidades locais.

Para a consecución deste compromiso, son aspectos clave a avaliación do impacto social que as nosas actividades poidan ter sobre as comunidades afectadas e a contribución á mellora das condicións de vida destas.

Dispoñemos dunha sistemática baseada na metodoloxía Measuring Impact do World Business Council for Sustainable Development (WBCSD), cuxo obxectivo é axudar a definir iniciativas e programas para xestionar de xeito efectivo os impactos sociais asociados á actividade da compañía.

Actualmente, primamos a realización de avaliacións de impacto social naquelas localizacións onde queremos abordar novos proxectos de investimento. Nestas avaliacións mídense numerosos impactos, entre eles, o impacto sobre os dereitos humanos.
Muller e nena en parque eólico
Os nosos proxectos
  • Persoas no programa de Impacto Social en Bujagali (Uganda). Nenos no colexio.

    Bujagali, Uganda

    Seguimos traballando no proxecto de impacto social da Central de Bujagali para implantar e desenvolver os programas derivados da avaliación que realizamos en 2012.
     
     

    Saber máis
  • Traballador en parque eólico de Bií-Hioxo (México)

    Bií-Hioxo, México

    Identificamos as necesidades  da comunidade e desenvolvemos programas destinados a distintos grupos de interese baseados en cinco liñas de acción: saúde, educación, infraestrutura, proxectos produtivos e ambiente.
     

    Saber máis
  • Programa de accións coa comunidade educativa. Brasil.

    São João do Piauí, Brasil

    Traballamos coas comunidades indíxenas e vulnerables da contorna, co compromiso de crear valor compartido a través da implantación dun plan de acción social que inclúe apoio á educación, mellora de infraestruturas comunitarias e desenvolvemento social.

    Saber máis

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.