Central Hidroeléctrica Bujagali (Uganda)
Durante 2016, continuamos coa implantación e desenvolvemento dos programas derivados da avaliación de impacto social realizada en 2012 na planta de xeración hidráulica operada pola nosa filial, Operación e Mantemento Energy. O proxecto de impacto social da Central de Bujagali cumpriu catro anos dende o seu lanzamento en 2013.

Comprometidos socialmente.
4 anos de programas dende o seu lanzamento en 2013.
Os programas de impacto social que se viñeron desenvolvendo ao longo de máis de catro anos, contribúen a mellorar as condicións de vida das persoas que habitan os lugares onde a compañía establece a súa actividade. Teñen en conta diferentes aspectos:
Porcentaxe de compra local:
27,6%
Ten por obxectivo fomentar a compra a provedores locais e considera ademais criterios de sustentabilidade na súa selección e avaliación. Durante 2016, continuouse co desenvolvemento dunha ampla base de provedores da zona, que subministran produtos e servizos necesarios para o funcionamento da planta. Na actualidade, preto do 14% dos provedores cos que conta a planta son locais e a porcentaxe de compra local é do 27,6%.
