Proxecto de construción do Parque Eólico de Bií-Hioxo (México)

 
O parque eólico de Bií Hioxo é un proxecto de 234 MW, en Juchitán de Zaragoza (estado de Oaxaca, México). Entrou en operación comercial en outubro de 2014.

Atendendo ao noso firme compromiso de respecto dos dereitos humanos e, concretamente, dos modos de vida tradicionais, colaboramos permanentemente coa comunidade afectada e, de forma adicional ao propio proxecto, que é xerador por si mesmo de riqueza, puxemos en marcha accións que contribúen a mellorar as condicións de vida dos habitantes da zona.

Unha vez identificadas as necesidades da comunidade afectada polo proxecto, desenvolvemos varios programas destinados a distintos grupos de interese, baseados en diferentes liñas de acción: saúde, educación, infraestrutura, proxectos produtivos e ambiente.
Nenos sobre cabalos no Parque Eólico de Bií-Hioxo (México)

Programas derivados do proxecto

Apoio os pescadoresApoiáronse os pescadores da Sétima Sección, entregándolles vales para cambialos polo material que eles decidiran, relacionado coas súas actividades. Beneficiáronse 251 pescadores.
Apoio o corpo de bombeirosO corpo de bombeiros realiza un gran labor en Juchitán, e este ano axudámolos con dous desfibriladores automáticos externos, para reanimar o ritmo do corazón en caso de paros cardíacos. Ademais, cubrimos o pagamento da reparación mecánica dunha ambulancia e o camión de bombeiros, para que poidan ofrecer os servizos de emerxencia nas mellores condicións.
Colaboración co DIF municipalCon motivo da celebración do Día do Neno o 30 de abril, Bií Hioxo proporcionou ao Sistema para o Desenvolvemento Integral da Familia (DIF) 16 bicicletas que foron distribuídas nos eventos realizados pola institución ao longo da cabeceira e axencias municipais.
EducaciónTres colaboradores de Bií Hioxo participaron como relatores na Segunda Feira Rexional de Enxeñaría Eléctrica do Instituto Tecnológico del Istmo 2017.
Ademais, por primeira vez no parque eólico recibiuse a visita de estudantes de primaria. Os 20 asistentes da escola primaria particular Nido de Sócrates aprenderon coa actividade acerca do funcionamento dos aeroxeradores e a enerxía eólica.
Mellora de relacións cos propietariosCo obxectivo de manter relacións estreitas, claras e obxectivas  cos propietarios, preservar a reputación do proxecto e mostrar que o persoal local e os seus representantes están abertos a escoitalos e dialogar con eles, o 10 de maio realizouse unha comida coas propietarias e esposas dos propietarios.
De xuño a setembro realizouse un diagnóstico participativo que achegou datos para unha nova estratexia, máis próxima e preocupada pola xente da localidade de Juchitán.
Medio ambienteEn colaboración co  Foro Ecológico Juchiteco, realizáronse 12 talleres itinerantes de educación ambiental. As actividades estiveron dirixidas á xuventude,  nenos de primaria e adolescentes de secundaria. Participaron 420 mozos e mozas.
O obxectivo era tratar que a información de coidado e preservación do ambiente chegase a máis persoas e que  este teña réplica entre as persoas próximas aos participantes dos talleres. 

A enerxía eólica


A nosa grande aposta enerxética de futuro é a enerxíaEólicaLimpa, inesgotable e altamente respectuosa co medio ambiente, é unha das tecnoloxías renovables máis maduras e estendidas en todo o mundo, que utiliza a enerxía cinética do vento para xerar electricidade.
 
A través de Global Power Generation, a compañía desenvolve, constrúe, opera e mantén parques eólicos en España, México e outros países.

 
Parque eólico de Bií-Hioxo (México)

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.