Puxemos en marcha en toda España un plan dirixido a persoas vulnerables co obxectivo de reforzar e sistematizar a xestión destes clientes, fortalecer a colaboración con entidades do Terceiro Sector e mellorar os mecanismos de relación con entidades sociais.

O plan busca reforzar as accións que xa realizabamos a través dunha vintena de medidas destinadas á atención e protección de clientes vulnerables. Por este motivo, reforzamos o noso equipo, que conta con aproximadamente 60 persoas, para despregar a ámbito nacional estas iniciativas de apoio e asesoramento tanto a persoas vulnerables coma a administracións locais, autonómicas e nacionais.

Estas accións responden ao noso compromiso de actuación ante as situacións de vulnerabilidade.
Pota e tixola nunha cociña de gas
O papel da Fundación Naturgy
  • Rehabilitación de vivienda

    Rehabilitación de vivendas

    Iniciativa solidaria para mellorar as condicións de vida das familias en situación de vulnerabilidade mediante a rehabilitación dos seus fogares.

    Saber máis
  • Escuela de energía

    Escola de Enerxía

    A Escola de Enerxía para formar técnicos dos servizos sociais e familias en temas relativos á eficiencia enerxética e ao consumo responsable..

    Saber más
  • Ayudas al tercer sector

    Premio á mellor iniciativa social no ámbito enerxético

    Damos visibilidade a aquelas persoas, entidades ou institucións que destacan no ámbito social, vinculado, directa ou indirectamente, á enerxía.


    Saber máis
  • Voluntariado energético

    Voluntariado enerxético

    A solidariedade e o compromisomove aos nosos empregados voluntarios para asesorar directamente persoas en situación de vulnerabilidade enerxética.

    Saber máis

Que fai Naturgy?


Sempre fomos sensibles á pobreza enerxética e ás diferentes situacións de dificultade dos nosos clientes, por iso facilitamos o pagamento e desenvolvemos todas as operativas necesarias para axilizar os trámites que permitan dar prioridade as persoas en situación de vulnerabilidade.

Actualmente temos acordos asinados en toda España con diferentes administracións, especialmente con comunidades autónomas, que permiten a protección dos clientes vulnerables.


Saber máis
Ilustración colectivos vulnerables

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.