Arte e cultura

Home traballando no seu portátil
Patrocinamos os ciclos musicais e tempadas artísticas de diferentes institucións en todo o territorio. Entre estas, salientan algunhas como:
  • logo Gran Teatro del Liceo
    Fundació Gran Teatre del Liceu 
    A empresa forma parte do Consello de Mecenado do Liceo, colaborando, deste xeito, coas iniciativas que reverten no fomento da cultura e a ópera.
  • logo macba
    Museu d'Art Contemporani de Barcelona (MACBA) 
    Somos empresa fundadora da Fundación MACBA, a cal ten entre os seus obxectivos a promoción e o fomento da arte contemporánea.
  • logo mnac
    Museu Nacional d'Art de Catalunya (MNAC) 
    Colaboramos co MNAC na promoción e difusión da historia da arte catalá.
  • Logo Sinfónica Galicia
    Orquesta Sinfónica de Galicia 
    A compañía colabora coa OSG co obxecto de difundir a música mediante o desenvolvemento de múltiples actividades musicais (concertos, promoción de compositores galegos, ensino musical, etc.).
  • festival de caproig
    Cap Roig Festival
    Patrocinamos este festival que ten lugar cada verán no castelo e o xardín botánico de Cap Roig. É un festival dirixido a todos os públicos e que ten por obxectivo fomentar a cultura musical. Ademais, promove a conservación do medio ambiente preservando o patrimonio paisaxístico e arquitectónico.
  • Logo festival de jazz de Málaga
    Festival Internacional de Jazz
    O Teatro Cervantes promove as artes escénicas e musicais  través de varios programas cada tempada. Málaga convértese así nun lugar de referencia para o afeccionado ao jazz cunha oferta plural, orixinal e de excelente nivel musical. Naturgy achega, co patrocinio desta actividade, a cultura musical á cidadanía.
  • logo teatro real
    Teatro Real 
    Colaboramos cos fins fundacionais do Teatro Real orientados á programación e xestión de actividades musicais, líricas e coreográficas.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.