Fomento á biodiversidade

contorna da central hidroeléctrica de Bolarque
O compromiso da empresa co medio ambiente e o benestar das persoas tradúcese na súa aposta pola investigación e o desenvolvemento de proxectos de enerxías limpas e renovables. Por iso, entre as liñas de acción en materia medioambiental, salienta a colaboración con institucións orientadas ao fomento da biodiversidade e as enerxías renovables.
  • logo global nature
    Fundación Global Nature 
    Fundación dedicada á protección da natureza. O seu traballo distribúese en tres ámbitos: conservación de hábitats e especies, sostibilidade do sector agroalimentario e sostibilidade corporativa.
  • logo fundación oso pardo
    Fundación Oso Pardo
    O labor da fundación vai dende a conservación e restauración de hábitats, o seguimento da poboación de osos, a investigación aplicada á xestión, a loita contra o furtivismo ou a formación e educación ambientais. Dende Naturgy apoiamos concretamente o proxecto LIFE Oso Courel.
  • logo grefa
    Grupo de Rehabilitación de la Fauna Autóctona y su Hábitat (GREFA)  
    Organización dedicada ao mantemento e desenvolvemento dos traballos que se realizan en ámbitos tan diferentes como a recuperación e rehabilitación de fauna, a cría en catividade de especies ameazadas, a conservación de espazos naturais e a educación e sensibilización ambientais.

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.