Comprometidos co desenvolvemento sostible da sociedade
A nosa Política Medioambiental
Política e Plan de Medio Ambiente 2018-2022
Impulsamos o desenvolvemento sostible da sociedade, garantindo a subministración aos nosos clientes de enerxía competitiva, segura e co máximo respecto ao medio ambiente. Comprometémonos a ser un actor clave na transición enerxética cara a un modelo de economía circular, baixo en carbono e dixital, traballando nos nosos catro eixes estratéxicos.

Liñas de traballo
Cambio climático e transición enerxética
Economía circular e ecoeficiencia
Capital natural e biodiversidade
Goberno e xestión ambiental
Feitos que avalan o noso compromiso
O noso goberno en medio ambiente recae sobre o Consello de Administración, que supervisa periodicamente a xestión dos riscos e oportunidades ambientais e a evolución do desenvolvemento mediante o seguimento mensual e trimestral dos principais indicadores e obxectivos. Os feitos aválannos e os nosos indicadores demostran a nosa aposta pola xestión responsable do medio.
* Dato 2019
** Evolución en 2019 respecto a 2017
*** Acumulado 2019
Iniciativas de biodiversidade
O capital natural e a biodiversidade convertéronse en piares estratéxicos na nosa xestión do medio que se basea en mellorar noso impacto sobre os ecosistemas a través da diminución das emisións, do consumo de recursos e da produción de residuos; e en desenvolver accións directas sobre a biodiversidade.
Accede ao noso mapa de iniciativas, case 600, en materia de biodiversidade en todos os países onde estamos presentes que conta cunha descrición de cada proxecto.
Saber máis

Voluntariado ambiental

A compañía continúa apoiando as accións de concienciación e sensibilización ambiental que dende o 2014 se levan a cabo entre os seus empregados e familiares.
O programa contou con máis de 500 participantes, 30 xornadas realizadas e 4.800 horas invertidas.
Saber máis