Avaliación e vixilancia ambiental

Facemos estudos ambientais dos novos proxectos de instalacións para evitar ou minimizar os seus posibles efectos adversos. A participación pública nos procedementos de aprobación destes proxectos está garantida pola lexislación de cada un dos países nos que a compañía desenvolve proxectos.
Entre os Estudos de Impacto Ambiental (EIA) finalizados en 2017 destacamos:
Estudo de Impacto Ambiental e do Estudo de Impacto Social da Planta de Tratamento de Auga para a repotenciación da CCC Tuxpan (México).
Traballos ambientais e arqueolóxicos de plantas fotovoltaicas e parques eólicos de Naturgy Renovables en España.
Estudo de Impacto Ambiental de C.H. Río San Juan en Colombia.
Estudo de Impacto Ambiental de almacenamento do excedente de enerxía do Parque Eólico de La Vega en España.

En fase de construción, levouse a cabo o seguimento ambiental en obra dos proxectos que se encontraban nesta etapa de proxecto, co fin de controlar os potenciais impactos negativos e verificar a inclusión e efectividade das medidas preventivas e correctoras de carácter ambiental.
Tamén se levou a cabo o apoio a instalacións en explotación:
Seguimento ambiental ao desmantelamento da C.T. Sabón en Galicia.
Seguimento ambiental gasoduto Getafe-Usera.
Supervisión do Plan de Manexo Ambiental para cinco plantas de GNL en Perú.