Lago Meirama


A creación do Lago Meirama no val das Encobras, Cerceda (A Coruña) é unha das maiores actuacións de rehabilitación medioambiental realizadas en España. A transformación da antiga mina de lignito a ceo aberto nun lago artificial xerou un grande espazo protexido de biodiversidade, que supoñerá un impulso ao desenvolvemento económico e turístico da zona. O Lago Meirama é o primeiro lago artificial do mundo que poderá ser usado como depósito de auga para unha gran poboación sen tratamento intensivo previo, en particular para o municipio da Coruña e a súa área de influencia, grazas á óptima boa calidade das súas augas.

O proxecto


O proxecto de transformación consistiu na creación dun gran lago artificial, de 2,2 km de lonxitude e un quilómetro de anchura no antigo oco da antiga mina, xunto coa reforestación dos terreos e das entulleiras, ademais contou cun investimento de 60 millóns de euros.
lago meirama

Infografía de Meirama

Historia da mina

lago meirama inicio

1980
 
Inicio da explotación mineira 
 
primeiro plan lago meirama

1985
Primeiro plan de restauración
 
Finalización da explotación mineira e inicio de enchedura do lago

2008
Finalización da explotación mineira e inicio de enchedura do lago
lago meirama regulación lago mineiro
2013
Proxecto de regulación do lago mineiro

 
2015
Presentación do libro La biodiversidad en el lago de la mina de Meirama y su entorno (A biodiversidade no lago da mina de Meirama e a súa contorna)
fase final lago meirama
2016
Final de enchedura do lago e Plan de vixilancia continuo
 

Feitos relevantes


 A explotación da mina de Meirama iniciouse en 1980 e concluíu en 2008, tras subministrar 94 millóns de toneladas de lignito á central térmica de Meirama, situada nunha área anexa á mina.

 O compromiso medioambiental da compañía para a rehabilitación dos terreos vén do ano 1985, cando se presenta o primeiro plan de restauración da explotación mineira.

 A fase de rehabilitación continúa ata que se obtén a autorización administrativa correspondente, tanto de Augas de Galicia para o traspaso a dominio público hidráulico do lago como da Consellería de Industria para o peche.
 

Nacemento dun lago


A principal actuación do proxecto de rehabilitación da mina de lignitos de Meirama consiste na creación dun gran lago de 150 hm3 no antigo oco de explotación.
Volume
 

147 hm3
Lonxitude 
máxima

2.218 m
Anchura máxima

1.011 m
Lámina de
auga

2.218 h
Profundidade
máxima

205 m
A boa calidade das augas do lago de Meirama e o seu enclave estratéxico na cabeceira de cunca convérteo en futuro depósito de auga para o municipio da Coruña e a súa bisbarra.

Meirama é o primeiro caso do mundo dun lago destas características que ten potencial para ser usado para abastecer grandes poboacións sen mediar un tratamento intensivo para uso das augas. Naturgy leva a cabo, dende o inicio da enchedura, un estrito control da calidade das augas, cun rexistro de máis de 300.000 datos. Para iso colabora co GEAMA (Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente) da Universidade da Coruña e dispón dos medios técnicos pioneiros para o control in situ das augas do lago.

En setembro de 2013, Augas de Galicia autorizou o proxecto de regulación do lago mineiro para o seu aproveitamento como depósito de auga para a cidade da Coruña e a súa área de influencia, co obxectivo de reforzar o sistema de abastecemento da bisbarra da Coruña, cun volume adicional aproximado de 24 hectómetros cúbicos. Na actualidade, Augas de Galicia xa concluíu a primeira fase deste proxecto de regulación.

Rehabilitación medioambiental


A reforestación do terreo da antiga explotación por parte da nosa compañía converteu a zona nun pulmón verde e un sumidoiro de CO2.
Catálogo de fauna e flora

 Naturgy plantou máis de 450.000 árbores nos terreos da antiga explotación, e converteu a zona nun sumidoiro de CO2.

 O proxecto de ordenación forestal da entulleira exterior e o plan técnico dos montes da contorna do oco mineiro e da entulleira interior concluíu coa obtención do certificado de Xestión Forestal Sustentable (PEFC). A certificación garante que a materia prima provén dun bosque xestionado de xeito sustentable e que os procesos intermedios de produción (transporte, transformación, etc.) foron controlados.

 A conservación deste espazo natural que se está a rexenerar propiciará a presenza de especies de maior valor de conservación, que farán deste hábitat un lugar axeitado para o estudo e a divulgación dos valores naturais, o que contribuirá ao mesmo tempo a un desenvolvemento cultural e patrimonial da zona en que se asinta.

Potencial turístico e de ocio


A rehabilitación ambiental de Meirama permitirá a integración na contorna da antiga explotación e supoñerá un impulso para o desenvolvemento económico-turístico da zona.

Por agora, o acceso é limitado porque os terreos do lago Meirama aínda están afectados polo dominio público mineiro.

O Lago contará cunha praia no extremo oeste en previsión dos usos futuros que poida regular Augas de Galicia.
 
lago meirama

Biodiversidade


O lago de Meirama converteuse nun espazo privilexiado de biodiversidade.
natureza
O lago de Meirama converteuse nun espazo privilexiado de biodiversidade. O exhaustivo inventario zoolóxico e botánico levado a cabo polo equipo de especialistas da Estación de Hidrobioloxía do encoro do Con, da Universidade de Santiago de Compostela, identificou un total de 839 especies animais e vexetais, das que o 5% son endémicas.

Todas as especies animais, e boa parte das vexetais, repoboaron a zona de forma natural, sen que mediara a acción humana. Encontraron no lago de Meirama un hábitat tranquilo e protexido.
biodiversidade

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.