A explotación mineira, 2004
Lago Meirama
A creación do Lago Meirama no val das Encobras, Cerceda (A Coruña) é unha das maiores actuacións de rehabilitación medioambiental realizadas en España. A transformación da antiga mina de lignito a ceo aberto nun lago artificial xerou un grande espazo protexido de biodiversidade, que supoñerá un impulso ao desenvolvemento económico e turístico da zona. O Lago Meirama é o primeiro lago artificial do mundo que poderá ser usado como depósito de auga para unha gran poboación sen tratamento intensivo previo, en particular para o municipio da Coruña e a súa área de influencia, grazas á óptima boa calidade das súas augas.
-
A explotación mineira, 2004
-
Vista do proxecto en 2008 tras o fin da actividade mineira.
-
O Lago completou a súa enchedura en oito anos. Na foto, en 2010.
-
O Lago contén máis de 148 hm3 de auga. Vista do proxecto en 2014.
-
O Lago conserva algúns elementos que recordan o seu pasado mineiro.
-
A central de Meirama mantén a súa actividade de xeración eléctrica.
-
O Lago está rodeado por un manto verde de 450.000 árbores.
-
En primeiro plano, a praia do Lago Meirama.
O proxecto
O proxecto de transformación consistiu na creación dun gran lago artificial, de 2,2 km de lonxitude e un quilómetro de anchura no antigo oco da antiga mina, xunto coa reforestación dos terreos e das entulleiras, ademais contou cun investimento de 60 millóns de euros.

Infografía de Meirama
Historia da mina

1980
Inicio da explotación mineira

1985
Primeiro plan de restauración

2008
Finalización da explotación mineira e inicio de enchedura do lago

2013
Proxecto de regulación do lago mineiro

2015
Presentación do libro La biodiversidad en el lago de la mina de Meirama y su entorno (A biodiversidade no lago da mina de Meirama e a súa contorna)

2016
Final de enchedura do lago e Plan de vixilancia continuo
Feitos relevantes
A explotación da mina de Meirama iniciouse en 1980 e concluíu en 2008, tras subministrar 94 millóns de toneladas de lignito á central térmica de Meirama, situada nunha área anexa á mina.
O compromiso medioambiental da compañía para a rehabilitación dos terreos vén do ano 1985, cando se presenta o primeiro plan de restauración da explotación mineira.
A fase de rehabilitación continúa ata que se obtén a autorización administrativa correspondente, tanto de Augas de Galicia para o traspaso a dominio público hidráulico do lago como da Consellería de Industria para o peche.
Nacemento dun lago
A principal actuación do proxecto de rehabilitación da mina de lignitos de Meirama consiste na creación dun gran lago de 150 hm3 no antigo oco de explotación.
Volume
147 hm3
Lonxitude
máxima
2.218 m
Anchura máxima
1.011 m
Lámina de
auga
2.218 h
Profundidade
máxima
205 m
Meirama é o primeiro caso do mundo dun lago destas características que ten potencial para ser usado para abastecer grandes poboacións sen mediar un tratamento intensivo para uso das augas. Naturgy leva a cabo, dende o inicio da enchedura, un estrito control da calidade das augas, cun rexistro de máis de 300.000 datos. Para iso colabora co GEAMA (Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente) da Universidade da Coruña e dispón dos medios técnicos pioneiros para o control in situ das augas do lago.
En setembro de 2013, Augas de Galicia autorizou o proxecto de regulación do lago mineiro para o seu aproveitamento como depósito de auga para a cidade da Coruña e a súa área de influencia, co obxectivo de reforzar o sistema de abastecemento da bisbarra da Coruña, cun volume adicional aproximado de 24 hectómetros cúbicos. Na actualidade, Augas de Galicia xa concluíu a primeira fase deste proxecto de regulación.
Rehabilitación medioambiental
A reforestación do terreo da antiga explotación por parte da nosa compañía converteu a zona nun pulmón verde e un sumidoiro de CO2.
Catálogo de fauna e flora
Naturgy plantou máis de 450.000 árbores nos terreos da antiga explotación, e converteu a zona nun sumidoiro de CO2.
O proxecto de ordenación forestal da entulleira exterior e o plan técnico dos montes da contorna do oco mineiro e da entulleira interior concluíu coa obtención do certificado de Xestión Forestal Sustentable (PEFC). A certificación garante que a materia prima provén dun bosque xestionado de xeito sustentable e que os procesos intermedios de produción (transporte, transformación, etc.) foron controlados.
A conservación deste espazo natural que se está a rexenerar propiciará a presenza de especies de maior valor de conservación, que farán deste hábitat un lugar axeitado para o estudo e a divulgación dos valores naturais, o que contribuirá ao mesmo tempo a un desenvolvemento cultural e patrimonial da zona en que se asinta.
Potencial turístico e de ocio
A rehabilitación ambiental de Meirama permitirá a integración na contorna da antiga explotación e supoñerá un impulso para o desenvolvemento económico-turístico da zona.
Por agora, o acceso é limitado porque os terreos do lago Meirama aínda están afectados polo dominio público mineiro.
O Lago contará cunha praia no extremo oeste en previsión dos usos futuros que poida regular Augas de Galicia.

Biodiversidade
O lago de Meirama converteuse nun espazo privilexiado de biodiversidade.

Todas as especies animais, e boa parte das vexetais, repoboaron a zona de forma natural, sen que mediara a acción humana. Encontraron no lago de Meirama un hábitat tranquilo e protexido.
.png)