A Seguridade, a Saúde e o Benestar das persoas, o noso compromiso estratéxico.


 
Planificamos e desenvolvemos a nosa actividade asumindo que nada é máis importante que a seguridade, a saúde e o benestar das persoas. Neste sentido, o noso compromiso vai máis alá das obrigas legais.

Impulsamos voluntariamente a mellora continua das condicións de traballo e da xestión da seguridade, a saúde e o benestar, involucrando as persoas que formamos a empresa e tamén os nosos provedores, empresas colaboradoras, clientes e outros grupos de interese.

O noso obxectivo é evitar e previr os accidentes e os danos á saúde, proporcionando un ambiente seguro e saudable, e así o establecemos na nosa Política de Responsabilidad Corporativa
.
 
Logo del Compromiso con Seguridad y Salud

O noso compromiso coa Seguridade e a Saúde

O noso compromiso de Seguridade e Saúde baséase no desenvolvemento de cinco eixes de actuación, que son as pancas que guiaron a nosa transformación cultural en Naturgy.

 
Cifras destacadas

 
En 2013 iniciamos o Plan Compromiso de Seguridade e Saúde con moi bos resultados. No ano 2018, logramos...
 
Reducir o  Índice de Frecuencia

nun 14%
 
Redución de accidentes con baixa médica

nun 24% 
 
Recoñecementos en Seguridade e Saúde
  • Logos de Inail e Confindustria
    Máis innovadores en seguridade (2018)

    A nosa compañía recibiu o premio á empresa máis innovadora en seguridade que concede a Plataforma Española de Seguridade Industrial (PESI).
  • Logos de Inail e Confindustria
    Seguridade laboral e na frota de vehículos (2018)
    Naturgy foi galardoada nos Safety Awards da American Gas Association (AGA) por rexistrar o índice de accidentabilidade ‘in labore’ máis baixo na categoría das 'mega compañías’ e pola seguridade da súa frota de vehículos.
  • Logotipo Meps2
    MEPS² 
    Galardón entregado durante o IV Congreso da asociación empresarial PRLInnovación, e que nos recoñece como líderes absolutos no monitor empresarial de excelencia en prevención, seguridade e saúde.
  • Logotipos de Antena 3 e a súa campaña ‘Ponle freno’
    Seguridade Viaria (2017)
    Premio á Mellor Iniciativa de Seguridade Viaria Laboral polo proxecto "Seguridade Viaria en Naturgy: o traballo de todos", outorgado pola campaña social de Atresmedia para reducir a sinistralidade en estrada.
  • Logotipo da Fundación Internacional ORP
    Benestar laboral
    Recoñecemento da Fundación Internacional ORP polo compromiso no ámbito da prevención de riscos laborais e a aposta pola innovación continua, a formación e a implantación de políticas de empresa saudable.
  • Logotipo de DuPont
    Seguridade e saúde (2017)
    Premio á mellor empresa en seguridade en EMEA (Europa, Oriente Medio e África) nos DuPont Safety and Sustainability Awards. Recoñecemento aos proxectos da iniciativa Compromiso de Seguridade e Saúde.
  • Logotipo do Consello Nacional de Seguridade de Chile
    Bos resultados (2017)
    Premio aos bos resultados en frecuencia de accidentes. Entrégase aos que lograran manter unha frecuencia cero durante 2 anos consecutivos e ao logro de manter un descenso relevante durante 3 ou máis anos.
  • Emblema do Ministerio de Traballo e Desenvolvemento Laboral de Panamá
    Cumprimento legal en Panamá (2017)
    Recoñecemento que outorga o Ministerio de traballo e desenvolvemento laboral a Naturgy por cumprir os requirimentos legais de seguridade, saúde e normas laborais do país.
  • Logos de Inail e Confindustria
    Xestión de seguridade e saúde (2017)
    Finalista do premio italiano que recompensa ás empresas distinguidas polos seus procesos de xestión de saúde e seguridade, crear unha cultura empresarial nestas materias e difundir as mellores prácticas a través de avaliacións comparativas entre os participantes.
  • Logo de Mutual de Seguridad
    Mutual de Seguridad (2017)
    A empresa eléctrica de Atacama recibiu, de parte de Mutual de Seguridad, o premio Juan Godoy, recoñecemento que se entrega anualmente á empresa con mellor xestión en materia de Prevención de Riscos.
Traballadores en instalación con luvas e cascos de seguridade

Seguridade nas persoas

O noso compromiso coa Seguridade e Saúde enténdese en termos de xestión do pensamento preventivo, e diríxese cara ás crenzas, as actitudes e os valores das persoas.

Saber más
Logotipo de Seguridade na ventá dunha oficina

Seguridade nos procesos

A nosa xestión da seguridade nos procesos ten unha función transversal, co obxectivo de achegarnos á seguridade dende unha perspectiva diferente.
 

 
Saber más
Médico controlando a tensión dunha empregada na súa consulta

Saúde integral

Preocupámonos polo benestar dos nosos empregados, pero tamén dos nosos colaboradores e das comunidades e contornas sociais coas que colaboramos.
 

Saber más

O noso compromiso cos ODS

 
ODS 3: Salud y bienestar
Desenvolvemos a nosa actividade tendo como prioridade a seguridade, a saúde e o benestar a través de:
 Programas de saúde e benestar para empregados e as súas familias.
 A implantación dos estándares de seguridade e saúde máis esixentes.
 O investimento na redución de accidentes e a preparación ante eventuais emerxencias.
 Programas de acción social relacionados coa saúde e o benestar nas comunidades en que operamos.

 




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.