Seguridade nos procesos

A nosa xestión da Seguridade Industrial ten unha función transversal, co obxectivo de achegarnos á seguridade dende unha perspectiva diferente. Ademais, contamos con redes de expertos en cada negocio específico para temas como os estándares, PCI, accidentabilidade...
 

As misións da Seguridade Industrial

Protección contra incendios (PCI)


O Modelo PCI supón:

 Un marco xeral de funcionamento de Xestión e Técnico.

 A definición para cada instalación industrial tipo dun modelo específico de análise de riscos e a súa nivelación, ademais dos sistemas de protección que se deben empregar.


 A homologación ou certificación para todo o grupo das enxeñarías, instaladores e mantedores, así como dos equipos e elementos, de cara a manter os datos cun aplicativo único.


 A garantía de mellora co feedback proveniente do mantemento e os incidentes/accidentes.


 

Outros estándares de seguridade industrial

Temos unsestándares mínimos que deben cumprir todos os negocios industriais do grupo no que respecta á Seguridade Industrial.

 Revisións de seguridade na posta en marcha.


 Información base dos procesos técnicos (documentación técnica).


 Análise de riscos de seguridade dos procesos técnicos.


 Investigación de accidentes e incidentes.


 Integridade Mecánica (mantemento).

 Xestión do cambio: persoas, equipos, procesos…

 Aseguramento da calidade (materiais, equipos e instalacións). 

 Resposta ante emerxencias.


Visión global riscos en instalacións


Mapa Global de Riscos

É unha ferramenta que permite a cada unidade de negocio ter unha visión actualizada dos niveis de riscos principais nas súas instalacións máis importantes.

Isto permite poñer a lupa cun criterio homoxéneo naquelas situacións de risco máis elevadas e, polo tanto, poder primar accións en función dos resultados.

Cumprimento de regulamentación


Auditorías de Procesos Industriais

Están realizadas por auditores expertos en procesos industriais, alleos aos negocios. Con elas logramos os seguintes obxectivos:

 Detección e cualificación de riscos para as persoas, o medio ambiente e os bens.

 Verificación do cumprimento dos regulamentos do grupo.

 Realización dun Plan de Acción adecuado.

 Seguimento das accións correctoras.

Experiencias doutras empresas


Investigación de accidentes e incidentes. Análises estatísticas.

Deseñamos unha formación específica de investigación causa raíz para expertos, a cal imparte o noso persoal con máis experiencia na metodoloxía e na investigación de accidentes complexos.
 

Coñecemento do Grupo para o Grupo


Difundir o coñecemento interno a todo o grupo

1Orixe do coñecemento
Inspeccións
Accidentes, incidentes
Experiencias
2Negocio a Corporación
Boas prácticas.
Leccións aprendidas.
3 Corporación
 

Selección das máis interesantes para outros negocios.
Unificación de estilo (extensión e maquetaxe) e tradución.
Divulgación a todo o grupo.

Investigación accidentes/incidentes


Observatorio da accidentabilidade

A través desta ferramenta, analízanse os accidentes sufridos noutras empresas con actividades similares para obter conclusións aproveitables. Con esta información, lévase a cabo unha comprobación da problemática nas nosas instalacións e, se é o caso, implántanse as melloras necesarias de xeito preventivo.
 




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.