Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)

A Organización das Nacións Unidas (ONU) presentou en agosto de 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, establecendo 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e 169 metas conexas. Aínda que teñen como destinatario principal os gobernos e administracións, recoñécese un rol fundamental ás compañías para o seu cumprimento.

Dende Naturgy, sumámonos a estes retos universais para mellorar a vida dun xeito sustentable e facémolo a través de dúas vías:

 Directa mediante iniciativas, programas ou accións que contribúen á devandita meta.

 Indirecta a partir de iniciativas, programas ou accións que facilitan o logro da devandita meta, ou contribúen á devandita meta mediante un terceiro, como, por exemplo, a Fundación Naturgy.


Nos nosos compromisos e na innovación sustentable é onde establecemos o xeito de como contribuímos á súa consecución:

ODS

Compromiso

 Compromiso social

Dende Naturgy mantemos un compromiso co fin da pobreza principalmente a través da Fundación Naturgy. Diriximos varios programas relacionados coa erradicación da pobreza, entre os que destacamos a “Aula Fundación Naturgy” en Arxentina.
 
 Compromiso en seguridad y salud

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade de modo que a seguridade, a saúde e o benestar das persoas sexan unha prioridade, como se reflicte no seu Compromiso de seguridade e saúde.  A prevención, asistencia, tratamento agudo e promoción da saúde ocupacional son prioritarias, así como as ferramentas para a xestión do estrés laboral e os dispositivos de prevención de estrés postraumático. Dispoñemos tamén dun plan específico de seguridade viaria.
 
 Compromiso social

Dende Naturgy existe un compromiso co acceso universal a unha educación práctica e de calidade. Na Fundación Naturgy, destacamos a “Formación de técnicos de inspección de gas” en Brasil, mediante a que se forma á xuventude das favelas para fomentar o seu progreso profesional e posterior contratación polas diferentes empresas que prestan servizos á compañía en Brasil.
 
 Interés por las personas

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coa igualdade de xénero a través do noso Código ético, a Política de igualdade de xénero ou o Protocolo de prevención do acoso laboral, sexual e por razón de sexo. A igualdade de xénero é unha das tres pancas, xunto coa idade e a discapacidade, do Plan Integral de Diversidade da compañía.

 Integridad y transparencia


Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coa igualdade de oportunidades en todos os niveis da organización. O Código Ético da compañía aplicable a administradores e empregados, xunto coa canle de denuncias, constitúen os principais mecanismos que velan por este compromiso.
 
 Gestión responsable del medio ambiente

Ademais de considerar este aspecto na Política de Responsabilidade Corporativa, na compañía materializamos o noso compromiso a través da Estratexia de Auga, o que nos permite coñecer o estado global do recurso hídrico, así como mellorar e adaptar a nosa xestión ás necesidades locais e as limitacións medioambientais. 
 
 Gestión responsable del medio ambiente

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade desvinculando o crecemento económico da degradación do medio ambiente. Entre outras medidas baseadas na innovación tecnolóxica, o aforro e eficiencia enerxética, na compañía apostamos polo uso de enerxías renovables e enerxías baixas en carbono.

 Compromiso social

Con relación ao compromiso social, dende Naturgy e a Fundación Naturgy, existe un compromiso en firme por satisfacer o acceso á enerxía en poboacións de baixos recursos, nas rexións onde a compañía está presente. 

 Innovación sostenible

Dende Naturgy mostramos o noso compromiso con este obxectivo levando a cabo proxectos en varias áreas: GNL, xeración de enerxías renovables, redución de emisións, eficiencia enerxética, mobilidade e redes intelixentes, entre outros.
 
 Interés por las personas

O Plan Integral de Diversidade materializa o compromiso de ofrecer un traballo decente aos nosos traballadores en materia de xénero, idade e discapacidade. Pon en valor o talento feminino, aposta pola atracción do talento novo e a conservación do know how sénior, ademais de fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade. Así mesmo, a prevención e seguridade no traballo son aspectos clave na xestión diaria da compañía, as cales se materializan no Plan de Seguridade e Saúde.

 Integridad y transparencia

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos a garantir o traballo decente en todas as situacións nas que a operamos. Para iso, aplícase unha Política de Dereitos Humanos na que se recollen, entre outros principios: erradicar o traballo infantil, facilitar a liberdade de asociación e ofrecer un emprego digno.

 Innovación sostenible

Con relación á innovación sustentable, dende Naturgy comprometémonos co traballo decente e crecemento económico mediante unha actividade de innovación á que aplicamos a tecnoloxía e o coñecemento para a creación de valor. Así mesmo, tratamos de minimizar riscos operativos nos activos da compañía e na seguridade no traballo a través da innovación.
 
 Innovación sostenible

Con relación á innovación sustentable, dende Naturgy mantemos un compromiso coa industria e as súas infraestruturas que se materializa na creación do Observatorio Tecnolóxico e do Centro Tecnolóxico, a creación de foros e newsletters, e a participación en asociacións de innovación tecnolóxica, entre outros.
 
 Interés por las personas

Máis alá das accións levadas a cabo internamente, como a implantación do Código Ético, a Política de Igualdade de Xénero ou o Plan Integral de Diversidade, na compañía levamos a cabo procesos de negociación con sindicatos no ámbito internacional sobre salarios, plans de pensións, implantación de plans de igualdade e condicións laborais.
 

 
 Gestión responsable del medio ambiente

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos a garantir a prevención da contaminación, a minimización e control dos riscos ambientais. Dende a compañía realizamos investimentos destinados a reducir as nosas emisións de gas natural á atmosfera e a minimizar o noso impacto ambiental respecto ao uso da auga, o solo e a xeración de residuos.
 
 Gestión responsable del medio ambiente

Dende Naturgy mantemos un compromiso coa produción e consumo responsable que vai máis alá dos requirimentos legais. Levamos a cabo accións de redución de consumo de recursos, auga e enerxía. Tamén realizamos un labor educativo cos nosos grupos de interese: formación ambiental aos empregados e sensibilización de provedores e clientes neste aspecto.

 Cadena de suministro responsable

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coa sustentabilidade na nosa cadea de subministración. Ademais de potenciar a adxudicación de compras a provedores locais, na compañía promovemos o cumprimento dos códigos éticos e políticas da compañía ao longo a cadea de subministración, e incorporamos criterios de sustentabilidade na avaliación e xestión de provedores, máis alá do cumprimento normativo.
 
Gestión responsable del medio ambiente

Dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coa adaptación e mitigación do cambio climático, mediante as súas estratexias de cambio climático, minimización de gases de efecto invernadoiro (GEI) e visión estratéxica 2016-2020. Estas accións consisten en implantar mecanismos de desenvolvemento limpo, producir e subministrar enerxía baixa en carbono, promover a eficiencia enerxética nas nosas instalacións e nas dos nosos clientes, apostar pola mobilidade sustentable e sensibilizar os grupos de interese en materia de aforro e eficiencia enerxética. Así mesmo, puxemos en marcha un plan de compensación voluntario de emisións.

 
 Gestión responsable del medio ambiente

Na xestión de verteduras, realízanse estudos da calidade da auga procedente das centrais térmicas unha vez depurada e, cos resultados destas análises, garantimos que a nosa compañía non xera impactos significativos nos ecosistemas acuáticos. Así mesmo, dende a compañía establecemos alianzas con terceiros, especialmente con organizacións conservacionistas e organismos públicos, para levar a cabo actuacións nesta materia, entre outras, limpeza de zonas costeiras e protección de especies mariñas.
 
 Gestión responsable del medio ambiente

Dende Naturgy dispoñemos dunha Estratexia de sustentabilidade. Na compañía levamos a cabo actuacións para a protección e conservación de especies e espazos naturais máis alá dos requirimentos legais, estudos de diagnóstico na contorna das súas instalacións e actividades de educación e concienciación aos seus grupos de interese.
 
 Integridad y transparencia

Con relación á integridade e a transparencia, dende Naturgy desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coa integridade, a responsabilidade, a transparencia e a non-violencia. Para iso, os mecanismos internos dos que dispón son: o Código Ético, o Modelo de Prevención Penal, a Política Antifraude e Anticorrupción, e a Política de Dereitos Humanos.
 
 Compromiso social

Con relación ao compromiso social, dende Naturgy consideramos imprescindibles as alianzas para fomentar o desenvolvemento. Este compromiso materialízase mediante achegas económicas mantidas no tempo e a sinatura de convenios con diferentes organizacións e organismos públicos no ámbito do acceso á enerxía, apoio á educación, impulso á saúde e investigación, acción social orientada a colectivos desfavorecidos e promoción da cultura.
 
Para saber máis:
Coñece estas e outras accións consultando o noso  Informe de Responsabilidad Corporativa

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.