A confianza e o entendemento cos nosos grupos de interese, así como a súa correcta identificación e definición, son fundamentais no éxito dos plans de negocio e na aceptación social da compañía.

Diálogo cos grupos de interese


Co obxectivo de desenvolver un clima de confianza cos nosos grupos de interese, desenvolvemos accións de diálogo que permiten coñecer as súas expectativas e demandas, para, deste xeito, poder avaliar riscos e oportunidades asociados ao negocio e establecer relacións duradeiras e estables. Cómpre mencionar que a opinión dos nosos grupos de interese é considerada na toma de decisións sobre os procesos e actividades da compañía.
Realizamos dous tipos de accións de diálogo:

 Accións de consulta: bidireccionais, onde a compañía e os seus grupos de interese interactúan para un intercambio de información áxil e fluído. As conclusións son consideradas na mellora e adecuación dos nosos procesos e, en particular, na selección dos contidos dos informes de responsabilidade corporativa de Naturgy e as súas filiais.
 Accións divulgativas: unidireccionais, onde facilitamos información aos nosos grupos de interese.









 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.