muller portando documentos
 
Ten como finalidade establecer as pautas que han de presidir o comportamento ético dos seus provedores, contratistas e colaboradores externos.
Recolle os compromisos derivados do Pacto Mundial de Nacións Unidas.
Consta do Código ético, a Política de Dereitos Humanos, a Política de Responsabilidade Corporativa e a Política Anticorrupción da empresa. 
Determina as pautas de conduta nas áreas sociais e laborais, éticas e de bo goberno, de seguridade e saúde, ambientais e de calidade. 

Pautas de conduta

  • Pautas sociais e laborais


     Respecto á legalidade, dereitos humanos e aos valores éticos:
     
    Asume o compromiso de actuar de acordo coa lexislación vixente, co Sistema Normativo interno establecido coas prácticas éticas internacionalmente aceptadas, con respecto aos dereitos humanos e as liberdades, e asegúrase de que os seus provedores asuman estritamente este compromiso.
     
     Respecto ás persoas:
     
    Rexeita calquera conduta dos seus empregados e provedores que poida xerar un ámbito intimidatorio ou ofensivo cos dereitos das persoas.
     
     Desenvolvemento profesional e igualdade de oportunidades:
     
    Promove o desenvolvemento profesional e persoal de todos os seus colaboradores, asegurando a igualdade de oportunidades a través das súas políticas de actuación.
     
     Ofrecer un emprego digno:
     
    Os provedores, contratistas e colaboradores externos de Naturgy remunerarán os seus empregados dun xeito digno.
     
  • Pautas éticas e de bo goberno

     Uso e protección dos activos:

    Pon á disposición dos seus empregados  e provedores que así o requiran os recursos e medios para o desempeño da súa actividade profesional, así como a súa protección e salvagarda.
     
     Corrupción e suborno:

    Declárase contrario a influír sobre a vontade de persoas alleas á compañía para obter algún beneficio, nin permite que outras entidades poidan utilizar esas prácticas cos seus empregados.
     
     Pagamentos irregulares e branqueo de capitais:

    Establece políticas para previr e evitar na realización de pagamentos irregulares ou branqueo de capitais de orixe ilícita e espera que os seus provedores cumpran con estas políticas.
     
     Imaxe e reputación corporativa:

    Os provedores, contratistas e colaboradores externos de Naturgy deben poñer o máximo coidado en preservar a imaxe e reputación da compañía nas súas actuacións profesionais.
     
     Conflito de interese:

    Considera que a relación cos seus colaboradores debe basearse na lealdade que nace duns intereses comúns.
     
     Tratamento da información e do coñecemento:

    Declara a veracidade da información como principio básico nas súas actuacións e as dos seus provedores.
     
     Relacións cos clientes:

    Asume, lidera e impulsa o compromiso coa calidade, asegurando que a política de calidade sexa practicada por todos os seus provedores.
     
  • Pautas de seguridade e saúde

    Seguridade e saúde no traballo:

    Impulsa a adopción de políticas de seguridade e saúde no traballo, adopta as medidas preventivas establecidas na lexislación vixente de cada país e vela en todo momento polo cumprimento normativo nesta materia. Así mesmo, impulsa e incentiva a aplicación destas políticas por parte das empresas colaboradoras e provedores cos que opera.
      
  • Pautas ambientais e de calidade

     Respecto ao Medio Ambiente:

    Ten definida unha política e implantado un sistema de xestión medioambiental. Os provedores, contratistas e colaboradores externos cumprirán coa devandita política e estándares ambientais establecidos por Naturgy.
        
     Calidade e seguridade dos produtos e servizos:

    Ao longo de toda a súa cadea de valor, asegura e mellora a  calidade e a seguridade dos produtos entregados polos provedores.

Ver o documento completo




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.