Desexamos ser un axente activo para a protección dos dereitos humanos no noso ámbito de influencia e en función do grao de impacto. De xeito coherente co Código Ético e cos dez principios do Pacto Mundial de Nacións Unidas, formalizamos o noso compromiso nesta materia. 
nenos nunha clase

Obxectivos

 
A análise dos potenciais impactos sobre grupos vulnerables e en materia de xénero.
O establecemento de compromisos.
A asignación de responsabilidades respecto ao desempeño neste ámbito.
A formación das persoas da compañía.
A supervisión e monitorización da implantación da política.
A corrección das malas prácticas que puideran darse.
muller lendo nunha hamaca

Alcance e ámbito de aplicación


Nosa Política de Dereitos Humanos é de aplicación para todas as actividades do Grupo, independentemente do lugar do mundo onde se desenvolvan. 
De aplicación en todas aquelas sociedades nas que a empresa ostenta o control da operación.
Aquelas persoas da compañía que teñen a responsabilidade de dirixir a outras deben poñer da súa parte para asegurar que a política é coñecida e respectada polas persoas ás que dirixen.
A aplicación práctica da Política de Dereitos Humanos da empresa está determinada polo marco institucional e legal existente en cada país. 
 

Compromisos cos Dereitos Humanos

  • 1

    Evitar prácticas discriminatorias ou que menoscaben a dignidade das persoas

  • 2
    Erradicar a explotación laboral infantil
  • 3

    Garantir a liberdade de asociación e negociación colectiva

  • 4

    Protexer a saúde das persoas

  • 5

    Garantir un emprego e salario adecuados

  • 6

    Compromiso coas persoas vinculadas a provedores, contratistas e empresas colaboradoras e socios de negocio

  • 7

    Respectar ás comunidades indíxenas e os modos de vida tradicionais

  • 8

    Protexer as instalacións e as persoas dende o respecto aos dereitos humanos

  • 9

    Apoiar e promover o respecto aos dereitos humanos na comunidade circundante

  • 10

    Contribuír a combater a corrupción e protexer a privacidade

Procedementos para cumprir a Política de Dereitos Humanos

  • Formación e concienciación

    Impulsamos o coñecemento dos dereitos humanos no seu ámbito de actuación, apoiando iniciativas internacionais, como o Pacto Mundial de Nacións Unidas.

  • Implantación e control

    A compañía analizará os principais factores de dereitos humanos que debe considerar nos seus ámbitos de operación, tanto no ámbito do país coma no da propia operación da compañía. 

  • Consulta e notificación

    Os empregados da empresa teñen a obriga de poñer en coñecemento da compañía, de xeito confidencial e a salvo de represalias, calquera incumprimento dos compromisos recollidos nesta política que puidesen observar.

  • Información pública

    Anualmente, definiremos indicadores específicos que reflictan a posta en práctica dos compromisos desta política, así como das posibles controversias xurdidas neste ámbito nos seus distintos contornos de operación.




 

Ver o documento completo




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.