Económico financeiro
 

Buscador de notas de prensa

Mostrar ContidoOcultar Contido
  • Notas de prensa(11)

    • 22-07-2020Nota de prensa

      Naturgy conclúe a primeira etapa do seu Plan Estratéxico e actualizará as bases para a seguinte fase de transformación o próximo outono

      Corporación, Económico financeiro

      A compañía concluíu a primeira parte do seu Plan Estratéxico 2018-2022 e anuncia para o último trimestre a celebración dun Capital Markets Day onde explicará a súa seguinte fase de transformación, profundará na estratexia industrial para a creación de valor en cada un dos seus negocios e actualizará así os seus obxectivos, reafirmando os seus compromisos co dividendo, coa creación de valor sostenible en todos os grupos de interese e ESG.
    • 30-04-2019Nota de prensa

      Naturgy progresa na implantación do seu Plan Estratéxico ao rexistrar un ebitda ordinario de 1.167 millóns de euros, un 6% máis que en 2018

      CorporaciónEconómico financeiro

      Naturgy demostrou nos resultados do primeiro trimestre de 2019 o progreso na implantación do seu Plan Estratéxico cunha decidida aposta polas enerxías renovables, o que mostra o sólido plan industrial do grupo, tanto a ámbito nacional como internacional. Ao mesmo tempo, a compañía reduciu o seu perfil de risco e elevou a súa exposición en activos regulados con novos investimentos..
    • 05-11-2018Kit de prensa

      Resultados 9M 2018

      Económico financeiroCorporación


      Naturgy deu a coñecer esta mañá os resultados correspondentes aos nove primeiros meses do ano.

    • 05-11-2018Nota de prensa

      Naturgy mellora os seus resultados recorrentes no terceiro trimestre cun incremento do 10 % no EBITDA, que alcanza os 3.248 millóns de euros, e do 38 % no beneficio neto, que se sitúa en 877 millóns

      CorporaciónEconómico financeiro

       
      Naturgy rexistrou un EBITDA recorrente de 3.248 millóns de euros, un 10 % máis nos nove primeiros meses do ano, e un beneficio neto, en termos recorrentes, de 877 millóns, un 38 % máis. Estes son os resultados conseguidos nos tres primeiros meses tras a presentación do novo Plan Estratéxico 2018-2022. O novo Plan está baseado en catro piares clave para a creación de valor: simplicidade e accountability, optimización e eficiencia, disciplina de investimento, e remuneración ao accionista.

    • 31-10-2018Nota de prensa

      Global Power Generation (Grupo Naturgy) completa dúas emisións de bonos en Brasil para financiar as súas plantas fotovoltaicas

      Internacional, Internacional

      A emisión, por un importe conxunto de 265 millóns de reais brasileiros, destinarase a reembolsar gastos, custos e débedas incorridas para a construción dos parques Sertão I Solar e Sobral I Solar cunha capacidade de xeración conxunta de 68 MW. Trátase de dúas das primeiras emisións con estas características completada en Brasil para o financiamento de parques fotovoltaicos aínda que é unha vía habitual de financiamento de proxectos eólicos e de transmisión.
    • 26-07-2018Nota de prensa

      Naturgy pagará o 31 de xullo o seu primeiro dividendo a conta de 0,28 euros por acción comprometido no seu Plan Estratéxico 2018-2022

      CorporaciónEconómico financeiro

      Naturgy pagará o primeiro dividendo do Plan Estratéxico 2018-2022 a conta do exercicio 2018 de 0,28 euros por acción en efectivo o vindeiro 31 de xullo, tan só catro semanas despois de presentar a nova folla de ruta en Londres. Un plan deseñado para xerar valor e impulsar unha maior transparencia, eficiencia e simplicidade, o que redundará nun maior valor dos accionistas.
    • 28-06-2018Nota de prensa

      Naturgy presenta en Londres o seu Plan Estratéxico a 2022 centrado na creación de valor

      Económico financeiro, España

       
      Naturgy presentou ao mercado, hoxe en Londres, o seu Plan Estratéxico para o período 2018-2022 no que o grupo presenta un sólido posicionamento no novo ámbito da transición enerxética global. Deste modo, a compañía está firmemente convencida de que o gas e as renovables terán un papel moi relevante na transición enerxética.

    • 26-04-2018Nota de prensa

      O beneficio neto de Gas Natural Fenosa acadou os 320 millóns de euros, un 7,4% máis, e o Ebitda ascendeu a 1.053 millóns de euros ata marzo

      Corporación, Económico financeiro

       
      GAS NATURAL FENOSA alcanzou un beneficio neto de 320 millóns, un 7,4% máis que no mesmo período do ano anterior. O Ebitda foi de 1.053 millóns de euros entre xaneiro e marzo, o que supón un incremento do 2,7% respecto ao primeiro trimestre de 2017.

    • 07-02-2018Nota de prensa

      O beneficio neto de Gas Natural Fenosa acadou os 1.360 millóns de euros e o ebitda ascendeu a 3.915 millóns de euros en 2017

      CorporaciónEconómico financeiro

       
      GAS NATURAL FENOSA alcanzou un beneficio neto de 1.360 millóns de euros en 2017, un 1% máis que no ano 2016, cifra que cumpre co obxectivo previsto pola compañía no seu Plan Estratéxico.

    • 23-01-2018Nota de prensa

      A oferta de recompra de bonos de Gas Natural Fenosa alcanza 915,5 millóns e mellora a vida media e o custo da súa débeda

      Corporación, Económico financeiro

      A oferta de recompra de bonos de GAS NATURAL FENOSA, realizada o pasado día 16 de xaneiro, concluíu hoxe e alcanzou o obxectivo previsto pola compañía. En concreto, a oferta, con vencementos entre 2019 e 2023, tivo unha demanda de 915,5 millóns de euros, que finalmente foi recomprada na súa totalidade. Os bonos recomprados tiñan un cupón medio do 4,54%.

    • 16-01-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa realizou hoxe unha emisión de bonos de 850 millóns de euros a 10 anos

      España, Corporación, Económico financeiro

      GAS NATURAL FENOSA pechou hoxe unha emisión de bonos por un importe de 850 millóns de euros e vencemento en xaneiro de 2028. Esta emisión fixouse cun cupón anual do 1,5%. O prezo de emisión dos novos bonos é dun 98,937% do seu valor nominal.
Non hai elementos que coincidan coa súa busca

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.