Gas natural vehicular
-
Notas de prensa(9)
-
02-05-2019 Nota de prensa
Naturgy inaugura a primeira estación pública de subministración de gas natural para vehículos en Mataró
España, Gas natural vehicular
Naturgy inaugurou a primeira estación pública de subministración de gas natural para vehículos na cidade de Mataró. Encóntrase no polígono industrial de Les Hortes, situación estratéxica pola proximidade con concesionarios das principais marcas que comercializan vehículos propulsados por GNC e empresas con grandes frotas. -
22-03-2019 Nota de prensa
Naturgy e Vallibria asinan un acordo para a posta en servizo da primeira gasineira pública dual de GNC e GNL en Galicia
España, Gas natural vehicular, GNL
O director de Proxectos de Mobilidade de Naturgy, Alfonso del Río e o xerente da estación de servizo Vallibria, Adolfo Pérez Díaz, subscribiron esta mañá o contrato para a construción da primeira estación pública dual de gas natural licuado e comprimido (GNL/GNC) en Galicia. A gasineira estará situada na estación de servizo Vallibria en Martiñán (Vilalba, Lugo), na N-634, unha localización de gran valor estratéxico pola súa proximidade á autovía A-8, punto de partida do corredor cantábrico, asegurando a posibilidade de recarga á totalidade das frotas en Galicia con destino ao norte de España e Francia/Europa. -
12-06-2018 Nota de prensa
A Asemblea Xeral de ECO-GATE acordou as solucións innovadoras que implantará nas 21 gasineiras para desenvolver en catro países
España, Nedgia Gas natural vehicular
A reunión da Asemblea Xeral de ECO-GATE acordou as solucións innovadoras concretas que desenvolverá e implantará nas 21 gasineiras que se van poñer en marcha en España, Francia, Portugal e Alemaña, no marco do plan europeo de acción global para o desenvolvemento da mobilidade sustentable, iniciativa que lidera NEDGIA, a empresa de distribución de gas natural do grupo Gas Natural Fenosa. -
12-06-2018 Nota de prensa
Nedgia Castilla y León e o EREN poñen en servizo en León a primeira estación de carga de gas natural para vehículos de uso interno
España, Nedgia, Gas natural vehicular
Ricardo González Mantero, e o director xeral de NEDGIA Castilla y León, Juan Antonio Pazos Arranz, inauguraron esta mañá a primeira estación de carga de gas natural comprimido para uso interno en León co obxectivo de dar servizo ao primeiro vehículo híbrido de gas natural que adquiriu hai uns meses o Ente Regional de la Energía de Castela e León (EREN). -
07-06-2018 Nota de prensa
A substitución do 13% do parque móbil de Madrid e Barcelona por coches a gas natural reduciría 50.000 toneladas de emisións ao ano
Fundación Naturgy, Gas natural vehicular
A Fundación GAS NATURAL FENOSA presentou onte La calidad del aire en las ciudades. Un reto mundial, unha publicación que analiza as causas e consecuencias dunha baixa calidade do aire e expón plans de mellora e propostas de actuación para atallar o problema. -
30-05-2018 Nota de prensa
Gas Natural Fenosa completa o 70% do corredor de carga de gas París/Alxeciras para o transporte por estrada
España , Gas natural vehicular, GNL
GAS NATURAL FENOSA, a través do proxecto Boosting Energy Sustainable fuels for freight Transport in European motorWays (BESTWay), conseguiu completar o 70% do corredor Atlántico de gas natural licuado (GNL) e gas natural comprimido (GNC) que une París con Alxeciras, a través de nove puntos de recarga e cuxo obxectivo é contribuír ao despregamento a grande escala deste combustible no transporte por estrada. -
28-05-2018 Nota de prensa
Gas Natural Fenosa e Grupo Disfrimur asinan un acordo para a instalación de dúas novas ‘gasineiras’ para dar subministración aos transportistas do corredor Mediterráneo
España, Gas natural vehicular, GNL
O director de comercialización de Solucións Enerxéticas de Gas Natural Fenosa, Alberto Fariza, e o director xeral do Grupo Disfrimur, Juan Jesús Sánchez, subscribiron hoxe o acordo para a instalación de dúas novas estacións de carga de gas natural en Molina de Segura (Murcia) e Antequera (Málaga), nun acto realizado na sede do Grupo Disfrimur, coa presenza da directora financeira do Grupo, Isabel Sánchez; a directora xeral de Enerxía e Actividade Industrial e Mineira, Esther Marín; e a alcaldesa de Molina de Segura, Esther Clavero. -
22-03-2018 Nota de prensa
Gas Natural Fenosa promove a mobilidade sustentable e as enerxías renovables na II Feira da Enerxía de Galicia
Corporación, España, Gas natural vehicular
GAS NATURAL FENOSA participa na II Feira da Enerxía de Galicia, punto de encontro e plataforma de divulgación, tanto técnica coma social, de todas as enerxías, que terá lugar dende hoxe ata o próximo sábado 24 de marzo, en Silleda (Pontevedra). -
12-03-2018 Nota de prensa
Gas Natural Fenosa duplicará as estacións de gas natural como combustible para vehículos no ano 2018
España, Gas natural vehicular
GAS NATURAL FENOSA ampliará ao longo deste ano o número de estacións de carga de GNC para vehículos en España. A compañía enerxética ten previsto abrir 50 puntos de subministración no país en cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Zaragoza, Sevilla, Málaga, Murcia, Alacant, Córdoba, Valladolid, Vigo, Xixón, A Coruña e Santander, entre outras.
-
Temas
> América
> Clientes
> Corporación
> Económico financeiro
> Eficiencia enerxética
> España
> Fundación Naturgy
> Gas natural vehicular
> Xeración
> GNL
> Xunta Xeral de Accionistas
> Medio ambiente e sostibilidade
> Nedgia
> Negocio electricidade
> Negocio gas
> Nomeamentos
> Outros
> Patrocinios
> Renovables
> RSC