Buscador de notas de prensa

Mostrar ContidoOcultar Contido
  • Notas de prensa(9)

    • 22-03-2019Nota de prensa

      Naturgy e Vallibria asinan un acordo para a posta en servizo da primeira gasineira pública dual de GNC e GNL en Galicia

      España, Gas natural vehicular, GNL

      O director de Proxectos de Mobilidade de Naturgy, Alfonso del Río e o xerente da estación de servizo Vallibria, Adolfo Pérez Díaz, subscribiron esta mañá o contrato para a construción da primeira estación pública dual de gas natural licuado e comprimido (GNL/GNC) en Galicia. A gasineira estará situada na estación de servizo Vallibria en Martiñán (Vilalba, Lugo), na N-634, unha localización de gran valor estratéxico pola súa proximidade á autovía A-8, punto de partida do corredor cantábrico, asegurando a posibilidade de recarga á totalidade das frotas en Galicia con destino ao norte de España e Francia/Europa.

    • 11-12-2018Nota de prensa

      Naturgy obtén o S&P Platts Global Energy Awards pola iniciativa DirectLink LNG

      OutrosCorporaciónGNL

      Naturgy obtivo un dos galardóns máis prestixiosos do sector enerxético a ámbito mundial, o S&P Global Platts Global Energy Award, na categoría “Emerging Technology” pola infraestrutura DirectLink LNG, recoñecida como unha “solución revolucionaria” no mercado internacional do gas natural licuado, GNL (LNG, polas súas siglas en inglés)
    • 21-06-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa descarga por primeira vez en España un cargamento de gas procedente de Rusia

      España, GNL


      GAS NATURAL FENOSA descargou en España o primeiro cargamento de gas natural licuado (GNL) procedente de Rusia dun contrato de longo prazo cunha capacidade de 172.600 metros cúbicos de gas, que equivale ao consumo de Madrid nun mes e se destinará á subministración do sueste de Europa.

    • 30-05-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa completa o 70% do corredor de carga de gas París/Alxeciras para o transporte por estrada

      España , Gas natural vehicularGNL

      GAS NATURAL FENOSA, a través do proxecto Boosting Energy Sustainable fuels for freight Transport in European motorWays (BESTWay), conseguiu completar o 70% do corredor Atlántico de gas natural licuado (GNL) e gas natural comprimido (GNC) que une París con Alxeciras, a través de nove puntos de recarga e cuxo obxectivo é contribuír ao despregamento a grande escala deste combustible no transporte por estrada.
    • 28-05-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa e Grupo Disfrimur asinan un acordo para a instalación de dúas novas ‘gasineiras’ para dar subministración aos transportistas do corredor Mediterráneo

      España, Gas natural vehicular, GNL

      O director de comercialización de Solucións Enerxéticas de Gas Natural Fenosa, Alberto Fariza, e o director xeral do Grupo Disfrimur, Juan Jesús Sánchez, subscribiron hoxe o acordo para a instalación de dúas novas estacións de carga de gas natural en Molina de Segura (Murcia) e Antequera (Málaga), nun acto realizado na sede do Grupo Disfrimur, coa presenza da directora financeira do Grupo, Isabel Sánchez; a directora xeral de Enerxía e Actividade Industrial e Mineira, Esther Marín; e a alcaldesa de Molina de Segura, Esther Clavero.
    • 22-05-2018Nota de prensa

      Nauticor e Gas Natural Fenosa realizan o primeiro bunkering de GNL do buque ‘Fure Vinga’ en Europa

      España, GNL

      Hoxe tivo lugar a primeira operación de bunkering de gas natural licuado (GNL) no buque Fure Vinga, de Furetank, en Europa. O buque recibiu 120 toneladas deste combustible respectuoso co medio ambiente provenientes de 6 camións de GNL, nunha operación que tivo lugar no porto de Cartaxena.

    • 01-03-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa impulsa o transporte de mercadorías por estrada con combustibles sustentables co proxecto BESTWay

      España, GNL

      Nunha xornada dirixida a transportistas e empresas que tivo lugar hoxe na sede da compañía en Madrid, GAS NATURAL FENOSA presentou o proxecto “BESTWay, Boosting Energy Sustainable fuels for freight Transport in European motorWays”, unha iniciativa impulsada pola compañía.
    • 18-01-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa e Baleària asinan o primeiro contrato de bunkering permanente de GNL para propulsión de buques en España

      España, GNL

      GAS NATURAL FENOSA e Baleària asinaron hoxe o primeiro contrato de subministración de bunkering de Gas Natural Licuado (GNL) para a propulsión de buques en España. O acordo de subministración será en exclusiva para 10 anos e inicialmente realizarase nos portos de Barcelona, Valencia e Alxeciras.
    • 05-01-2018Nota de prensa

      Gas Natural Fenosa lanza o primeiro sistema de transferencia de GNL flotante universal do mundo

      España, GNL

      GAS NATURAL FENOSA, en liña coa súa firme aposta pola innovación, desenvolveu un sistema único no mundo para a transferencia de GNL (gas natural licuado). Esta infraestrutura é un sistema flotante, recoñecido con diferentes patentes e en exclusividade, consistente nunha plataforma que dispón dun sistema de unión compatible con calquera tipo de barco metaneiro.
Non hai elementos que coincidan coa súa busca

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.