Renovables
-
Notas de prensa(24)
-
23-05-2019 Nota de prensa
GPG (Grupo Naturgy) e Vision pechan un acordo de financiamento para a construción dun parque eólico de 180 MW en Australia
Internacional, Renovables
GPG, a filial internacional de xeración eléctrica de Grupo Naturgy, pechou un acordo de financiamento por valor de ata 284 millóns de dólares australianos (176 millóns de euros) con VISION, vehículo de financiamento de proxectos eólicos terrestres lanzado en colaboración entre investidores institucionais asesorados por JP Morgan Asset Management (JPMAM) e Vestas Wind Systems. -
03-05-2019 Nota de prensa
O Clúster da Enerxía de Estremadura visita o Parque Eólico Merengue, o primeiro parque eólico de Estremadura
España, Renovables
Os membros da Xunta Directiva do Clúster da Enerxía de Estremadura visitaron onte o Parque Eólico Merengue de Naturgy, o cal está xa a pleno rendemento. Tras reunirse en Plasencia, a Xunta Directiva trasladouse ata a instalación eólica para realizar un percorrido guiado por Ana Ruiz, responsable de desenvolvemento de proxectos de Naturgy en Estremadura. -
17-04-2019 Nota de prensa
O Parque Eólico Haría cumpre un ano a pleno rendemento
España, Xeración, Renovables
O Parque Eólico Haría, o primeiro que Naturgy construíu no arquipélago, cumpre un ano da súa posta en marcha. Durante este período de tempo, esta infraestrutura produciu 7,8 xigawatts hora (GWh), o que equivale ao consumo eléctrico de 2.850 vivendas. -
20-03-2019 Nota de prensa
O Parque Eólico El Tesorillo, promovido por Naturgy, xa conta cos seus primeiros aeroxeradores
España, Renovables
Os primeiros aeroxeradores que forman parte do Parque Eólico El Tesorillo, o proxecto de xeración renovable que Naturgy está a construír en Jimena de la Frontera (Cádiz), xa están en pé. Durante os próximos meses continuarán as obras de instalación do resto de aeroxeradores, ata chegar aos 12 que compoñen este parque, cuxas obras se espera que estean totalmente finalizadas ao longo do segundo semestre deste ano. -
20-03-2019 Nota de prensa
Naturgy, a través da súa filial GPG, lidera o ránking solar 2018 de Brasil coa planta Sertao I
Renovables, Internacional
A planta fotovoltaica Sertao I lidera o ránking solar 2018 elaborado por ePowerBay, compañía con anos de experiencia en mellora e análise de proxectos de enerxía renovable en Brasil, que desenvolve unha plataforma de referencia para a análise de proxectos de enerxía renovable. -
15-02-2019 Nota de prensa
O presidente de Estremadura inaugura o primeiro parque eólico da rexión, construído por Naturgy
España, Renovables
O presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández, acompañado polo alcalde de Plasencia, Fernando Pizarro, e o director xeral de Gas e Electricidade de Naturgy, Manuel Fernández, inauguraron esta mañá o Parque Eólico Merengue, o primeiro que se constrúe na rexión estremeña. -
13-02-2019 Nota de prensa
Naturgy inaugura a maior planta solar fotovoltaica de Toledo
España, Renovables
O investimento que realizou Naturgy neste proxecto alcanza os 33 millóns de euros e supuxo a creación duns 150 postos de traballo entre as fases de construción, operación e mantemento. Esta infraestrutura permitirá desprazar o uso doutras fontes de xeración eléctrica convencional. -
08-02-2019 Nota de prensa
Naturgy constrúe o seu maior proxecto eólico en Castela e León
España, Medio ambiente e sostibilidade, Renovables
O director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Castela e León, Ricardo González Mantero, xunto con Ana Peris, directora de Xeración de Naturgy, e David Muñoz, responsable de Desenvolvemento de Renovables en Castela e León da compañía, presentaron hoxe os proxectos que Naturgy vai construír na comunidade. -
27-12-2018 Nota de prensa
Global Power Generation (Grupo Naturgy) comeza a operación comercial de dúas novas plantas fotovoltaicas en Brasil
Internacional, Xeración, Renovables
GPG, filial de xeración internacional de Naturgy, deu comezo á explotación comercial das plantas solares de Guimarânia I e II tras sete meses de construción e case un mes de adianto sobre o programa contractual. -
19-12-2018 Nota de prensa
Naturgy inaugura o Parque Eólico Fuerteventura Renovable II
España, Renovables
O presidente do Cabido de Forteventura, Marcial Morais, acompañado polo director de Desenvolvemento de Xeración de Naturgy, Carlos González, e o responsable de Desenvolvemento de Renovables en Canarias da compañía, Sergio Auffray, inauguraron hoxe o Parque Eólico Fuerteventura Renovable II que construíu Naturgy na illa. -
11-12-2018 Nota de prensa
Naturgy investirá 43 millóns de euros na construción do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, na provincia de Lugo
España, Corporación, Renovables
Naturgy comezou as obras de construción do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, que se situará no municipio da Pastoriza, na provincia de Lugo. Este proxecto contará cun total de 14 aeroxeradores que sumarán unha potencia total de 48,5 MW e supoñerá un investimento de aproximadamente 43 millóns de euros. -
21-11-2018 Nota de prensa
O presidente de Canarias, Fernando Clavijo, inaugura os 8 parques eólicos construídos por Naturgy en Gran Canaria
España, Corporación, Renovables
O complexo eólico Agüimes está formado por oito instalacións, con 16 aeroxeradores, que suman unha potencia total de 41 MW e producirán 127 GWh ao ano de enerxía, equivalentes ao consumo anual de 50.000 vivendas.
-
Non hai elementos que coincidan coa súa busca
Temas
> América
> Clientes
> Corporación
> Económico financeiro
> Eficiencia enerxética
> España
> Fundación Naturgy
> Gas natural vehicular
> Xeración
> GNL
> Xunta Xeral de Accionistas
> Medio ambiente e sostibilidade
> Nedgia
> Negocio electricidade
> Negocio gas
> Nomeamentos
> Outros
> Patrocinios
> Renovables
> RSC