UFD analizará as causas dos microcortes que afectan os municipios de Tomiño, O Rosal e Oia para buscar unha solución a este problema - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

UFD analizará as causas dos microcortes que afectan os municipios de Tomiño, O Rosal e Oia para buscar unha solución a este problema


  • O delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, reuniuse co xefe territorial da Consellería de Industria en Pontevedra, Ignacio Rial e coas alcaldesas do Rosal e Oia, para abordar os microcortes que afectan estes municipios.

  • A distribuidora eléctrica realizará unha análise exhaustiva das liñas e dos transformadores da zona para determinar as causas dos microcortes de subministración eléctrica.

O delegado de UFD na provincia de Pontevedra, Francisco Ramos, mantivo unha reunión co xefe territorial da Consellería de Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, e as alcaldesas do Rosal e Oia para abordar o tema dos microcortes que están a afectar os municipios do Rosal, Oia e Tomiño nas últimas semanas.

UFD trasladou á Xunta de Galicia e aos concellos afectados que procederá a unha análise exhaustiva das liñas e centros de transformación da zona para determinar os motivos que causan estas incidencias eléctricas de curta duración e dar unha solución o antes posible. Os equipos de inspección de UFD están a percorrer os case 60 quilómetros de liñas eléctricas aéreas que dan subministración a estes municipios para descubrir as causas dos microcortes, localizar e corrixir os posibles defectos e solucionalo coa maior brevidade.

As incidencias na subministración, como os microcortes, son situacións imprevistas e involuntarias e que, polo seu carácter non-permanente, son difíciles de localizar. Hai ocasións nas que, malia os traballos de mantemento, investimentos e melloras que se realizan na rede, resulta inevitable que estas acontezan debido a causas moi diversas (aves, cascas de eucalipto, defectos de illamento, instalacións de terceiros, etc.).

Presenza en Galicia

UFD é o maior distribuidor de electricidade de Galicia. Dá servizo a máis de 1,5 millóns de puntos de subministración en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de case 58.500 quilómetros de liñas de alta, media e baixa tensión. A distribuidora eléctrica investiu preto de 390 millóns de euros en Galicia no cuadrienio 2015-2018 para reforzar a rede e mellorar a calidade de subministración.

Ámbito e tema:  EspañaNegocio electricidade
 
Vigo, 17 de xaneiro de 2019.

rgpdactive true

argssite - CORP