Unión Fenosa Distribución inviste 7,5 millóns de euros en 2018 nos traballos de limpeza e mantemento do arboredo en Galicia - Naturgy - Sala de prensa

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE RRSSpixel2-Facebook.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE snippet-VWO.js

VALUECOOKIE false

exist_rgpd_accept false

value_rgpd_accept false

exist_cookie false

value_cookie false

NAMECOOKIE googleAnalytics.js

VALUECOOKIE false

Unión Fenosa Distribución inviste 7,5 millóns de euros en 2018 nos traballos de limpeza e mantemento do arboredo en Galicia

 

  • As tarefas de mantemento das liñas eléctricas son imprescindibles para garantir as condicións de seguridade e o óptimo funcionamento da subministración eléctrica.
  • O 85% dos case 60.000 quilómetros de liñas eléctricas da compañía en Galicia son aéreas e, polo tanto, afectadas en boa medida por arboredo.

Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investirá en 2018 un total de 7,54 millóns de euros a traballos de talla selectiva e poda de árbores e roza para garantir o óptimo funcionamento da subministración eléctrica. Por provincias, Unión Fenosa Distribución destinará 2,7 millóns na Coruña, 1,7 en Lugo, 1,6 en Ourense e 1,4 millóns na provincia de Pontevedra.

O obxectivo destas tarefas de limpeza nas zonas de servidume das liñas é garantir as maiores condicións de seguridade para as infraestruturas de subministración eléctrica e asegurar a calidade e a accesibilidade da rede, evitando posibles incidencias por acumulación de masa forestal nas zonas próximas ás redes de distribución.

Cómpre salientar que, segundo a propia Lei de incendios, a presenza de árbores de crecemento rápido, como piñeiros e eucaliptos, poden supoñer un risco para a propagación de incendios forestais; adicionalmente, a caída destas árbores sobre o tendido eléctrico, especialmente durante temporais con fortes refachos de vento, poden provocar incidencias sobre a subministración..

As accións de limpeza das redes de distribución eléctrica desenvólvense seguindo un programa cíclico de actuacións en función das características das liñas e das especies de arboredo. O 85% dos 60.000 quilómetros de liñas eléctricas da compañía en Galicia son aéreas e, polo tanto, suxeitas a zonas boscosas ou con vexetación.

A distribuidora eléctrica investiu preto de 55 millóns de euros dende o ano 2010 nestes traballos de mantemento das súas liñas eléctricas de alta e media tensión en Galicia, que se desenvolven nos 285 municipios galegos nos que a compañía ten rede de distribución. O esforzo investidor levado a cabo nos últimos anos e a focalización de recursos nas actuacións de mantemento contribuíron decisivamente á mellora dos indicadores de calidade do servizo eléctrico sobre todo no rural galego, ademais de axudar os esforzos pola prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

Uso de drons e termografía para o mantemento das liñas

Unión Fenosa Distribución incorporou o uso de drons nos traballos de supervisión e mantemento das liñas eléctricas de alta tensión, o que aumenta a seguridade das operacións de inspección, xa que diminúen o número de traballos que se executan en altura.

O uso de aeronaves non tripuladas permite captar información dende todos os ángulos e enfocar os cables eléctricos para visualizar a rúa da liña e a súa contorna, ademais de almacenar datos en formato visual e térmico. Dende a súa incorporación, en 2015, os drons percorreron preto de 1.350 quilómetros e revisaron máis de 90 circuítos e case 4.500 apoios de alta tensión.

Ámbito e tema:  EspañaNegocio electricidade

 
A Coruña, 4 de xuño de 2018
 

rgpdactive true

argssite - CORP