Comeza / Conecenos Naturgy / A Enerxía
A Enerxía
Garantimos enerxía competitiva, segura e co máximo respecto ao medio natural
Estamos presentes nos negocios da electricidade e o gas, dende a súa obtención ata a distribución e a comercialización
O noso modelo de negocio diferénciase por ser líder no sector do gas e ser un referente no sector eléctrico, en ambos os dous casos é garantía de subministración regular de gas e electricidade, esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da función social da compañía, ao tempo que proporcionamos unha ampla oferta de servizos de valor engadido e impulsamos a innovación sostible como motor de desenvolvemento.
Renovables
- Xeración eólica, solar e hidráulica
- En España, Estados Unidos, México, Panamá, Australia, Brasil, Chile e Costa Rica
Electricidade
- 4,7 millóns de puntos de subministración
- 156.232 km de rede de distribución de electricidade
Gas
- 11,1 millóns de puntos de subministración e 136.970 km de rede de distribución
- 2 MW de capacidade de produción en plantas de biometano
Con presenza en todo o mundo
Estamos presentes en máis de 20 países e actuamos na xeración, o aprovisionamento, a distribución e a comercialización de gas e electricidade en todo o mundo.
Xeración ciclos combinados e fuel.
Proxectos xeración renovable (solar e almacenamento)
Gasoduto
Comercialización GN/GNL.
Comercialización electricidade.
Regasificación Montoir.
Con compañías especializadas
Contamos con empresas especializadas en diferentes partes do proceso da enerxía (xeración, distribución e comercialización), tanto no sector gasista coma no eléctrico.
Global Power Generation (GPG) é unha compañía do grupo Naturgy dedicada ao negocio de xeración eléctrica. Desenvolve e xestiona activos de xeración cun enfoque global, ofrece servizos de enxeñaría e operación, e de mantemento das súas instalacións.
UFD enfócase no desenvolvemento, tecnificación e dixitalización de redes eléctricas. Encárgase da actividade regulada de distribución eléctrica do Grupo Naturgy. A súa actividade básica é a transmisión de enerxía eléctrica dos centros de xeración ata os consumidores finais.
Nedgia é a compañía de distribución de gas do grupo Naturgy en España, responsable do desenvolvemento, operación e mantemento de redes de gas. Desenvolve solucións innovadoras e eficientes, e promove os novos usos do gas.