


Concibimos a innovación como ferramenta para o desenvolvemento de novas solucións enerxéticas
A forma de concibir a innovación permítenos avanzar na transición enerxética, combater a loita contra o cambio climático e evolucionar cara a solucións tecnolóxicas que impulsen a simplificación de procesos, a ciberseguridade e a xestión do dato, sendo ademais a dixitalización un piar fundamental para a consecución dos obxectivos da compañía.
Así, o modelo de innovación da compañía está deseñado para tecer redes de colaboración co ecosistema que permitan responder á complexidade do medio e resolver os retos de forma áxil e eficaz e enfocado na dixitalización de procesos e servizos.
Liñas estratéxicas

Gases renovables
O desenvolvemento dos gases renovables, como son o biometano e o hidróxeno, é un dos nosos vectores estratéxicos do plan de negocio e de acción climática.

Almacenamento
É clave na seguridade e calidade da subministración, e o reto é contar con ferramentas de flexibilidade para xestionar a produción, compasar a xeración e o consumo, e dar capacidade firme ao sistema.

Mobilidad sostible
Apostamos por combustibles alternativos para descarbonizar a economía, e desenvolvemos solucións sostibles para o transporte a través do uso e desenvolvemento do gas e a electricidade.

Innovación aberta
Mantemos unha actitude aberta e innovadora para identificar oportunidades e desenvolver novos modelos de negocio que atendan as demandas do mercado e dos clientes. Naturgy favorece o emprendemento, tanto dentro da compañía coma en colaboración con universidades, start-ups, organismos de investigación, emprendedores ou Administracións públicas.

Connecting Energy é un programa para impulsar a dixitalización e incubar proxectos en transición enerxética
Subscríbeche á nosa newsletter
Se che interesa o mundo da enerxía e o proceso de transformación no que está inmersa, invitámoste a compartir a nosa visión de futuro sobre os retos da transición enerxética.

Subscríbeche á nosa newsletter
Se che interesa o mundo da enerxía e o proceso de transformación no que está inmersa, invitámoste a compartir a nosa visión de futuro sobre os retos da transición enerxética.
