Cambio climático e transición enerxética

  • Alcanzar a neutralidade climática como moi tarde en 2050 a través da redución do total das emisións alcance 1, 2 e 3, establecendo obxectivos intermedios aliñados coas sendas de redución 1,5 ºC-2 ºC do Acordo de París.

 

  • Aliñar os novos investimentos coas metas do Acordo de París, promovendo as enerxías renovables e descarbonizadas, o aforro e a eficiencia enerxética e a adaptación climática.

 

  • Publicar anualmente a pegada de carbono en todos os seus alcances, verificada por un terceiro independente, establecendo sistemas de seguimento e redución das emisións.

 

  • Integrar a variable climática na xestión de riscos e oportunidades e na planificación estratéxica, de acordo coas recomendacións do Task Force on Climate-related Financial Disclosure (TCFD).

 

  • Apoiar as negociacións internacionais de cambio climático e os mecanismos de mercado que impulsen o desenvolvemento das tecnoloxías máis adecuadas en cada etapa da transición enerxética.

 

  • Impulsar directamente, e a través de alianzas con outros actores, políticas climáticas aliñadas co Acordo de París, asegurando a permanencia unicamente nas entidades que cumpran con este criterio e publicando anualmente a listaxe destas.

 

  • Impulsar a descarbonización en liña cos principios de transición xusta e involucrar á cadea de subministración, promovendo accións que reduzan a pegada de carbono das empresas colaboradoras.

 

.
  • Construímos novos proxectos de xeración de electricidade renovable para conseguir unha potencia renovable instalada arredor do 50 % en 2025. . 
  • Impulsamos a mobilidade eléctrica e a gas para mellorar a calidade do aire e a saúde nas cidades.
  •  Proporcionamos aos nosos clientes servizos enerxéticos que lles axuden a aforrar na súa factura e a reducir o cambio climático. 
  •  Reducimos as emisións fuxitivas nas nosas redes de gas, mediante a renovación de materiais e a implantación de melloras tecnolóxicas e operativas. 
  • Establecemos obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro aliñados coa ciencia.
  • Seguimos as recomendacións do Task Force on Climate-Related Financial Disclosure (TCFD).
  •  Colaboramos coas Administracións públicas, asociacións e outras entidades para a creación e difusión de coñecemento técnico co fin de reducir o cambio climático participando activamente nos cumios internacionais de cambio climático (COP). 

Feitos que avalan o noso compromiso

* Dato 2023
** Evolución en 2023 respecto a 2017

Selos

CDP (Climate Change A List de Carbon Disclosure Project): fomos recoñecidos pola nosa xestión climática coa cualificación A- en CDP Climate Change 2023 e mantémonos na banda de liderado dende 2011.
Calculo: o Ministerio para a Transición Ecolóxica outorgounos un ano máis este selo, que distingue as organizacións que calculan a súa pegada de carbono e se encontran na senda de reducir as súas emisións.

Alianzas

Lideramos o Clúster de Cambio Climático de Forética, que é a plataforma empresarial de referencia en España en materia de cambio climático.