Obxectivos de Desevolvemento Sustentable (ODS)

Comprometidos en contribuír activamente á consecución global dos 17 ODS

A nosa estratexia empresarial sostible demostra o noso compromiso coa Axenda 2030

A Organización das Nacións Unidas (ONU) presentou en agosto de 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, establecendo 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e 169 metas conexas. Aínda que teñen como destinatario principal os gobernos e administracións, recoñécese un rol fundamental ás compañías para o seu cumprimento.

Dende Naturgy, analizamos cada unha destas metas e sumámonos a estes retos universais a través de dúas vías:

 

 

Ademais, no marco do noso Plan de Sostibilidade planificáronse unha serie de accións específicas vinculadas a traballar en liña con algún ou varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Cómo los aplicamos
Cómo contribuimos

190.891 clientes con bono social en 2023

4.400 vivendas rehabilitadas

4.134 persoas formadas pola Escola de Enerxía en 2023

Mantemos un compromiso co fin da pobreza, principalmente a través da Fundación Naturgy, que orienta a súa acción social a medidas para axudar a paliar a vulnerabilidade enerxética, mediante a formación e a acción directa con voluntarios e a rehabilitación enerxética de vivendas, todo realizado en colaboración co terceiro sector.

20.181 inspeccións documentadas de seguridade en traballos

8.670 Observacións Preventivas de Seguridade

Contribuímos á consecución deste obxectivo apostando pola seguridade, a saúde e o benestar dos nosos empregados, provedores, contratistas e subcontratistas.

265.465 horas
de formación

41,5 horas
de formación por empregado

97,7%
persoal formado

Un dos nosos obxectivos é desenvolver profesionais que sexan protagonistas do cambio para construír o futuro coa visión de Naturgy, polo que ofrecemos un ámbito de aprendizaxe continua, con metodoloxías, ferramentas e coñecementos que facilitan o crecemento dos nosos profesionais, conectándoos con tendencias, tecnoloxías e mellores prácticas, e impulsando o seu desenvolvemento en habilidades e competencias vinculadas ao noso modelo de liderado.

Por iso, a Universidade Corporativa é unha das pancas de transformación ao servizo das persoas e dos negocios, para contribuír á creación de valor e á consecución dos nosos obxectivos.

Contamos con tres academias que, de xeito complementario, permiten aos nosos equipos facer fronte aos desafíos do presente e do futuro, a través da aprendizaxe continua, o desenvolvemento do rol de liderado e a adopción de novas formas de traballo: Transformational Leadership, Tech Academy e Extended Academy.

Adicionalmente, promovemos a formación e educación da infancia e xuventude, como piares básicos do crecemento e desenvolvemento humanos, en comunidades sen recursos económicos nos países onde desenvolvemos actividades, financiando bolsas a nenos e mozos de escasos recursos económicos e bo historial académico, todo isto a través da asociación de empregados Día Solidario.

33% mulleres / 67% homes

36 % mulleres en postos directivos e xerenciais

 

É fundamental para nós fomentar a diversidade e igualdade de oportunidades e manter un ámbito de respecto, escoita e diálogo permanente, prestando especial atención á consecución dos obxectivos en materia de xénero e á inclusión das persoas con discapacidade, facendo extensible este último compromiso aos provedores e empresas colaboradoras

Este compromiso confírmase, con visión global, na estratexia de Sostibilidade e de Persoas, así como na Política de Igualdade de Xénero e o Protocolo de Prevención do Acoso laboral.

O noso Plan de Igualdade identifica as fortalezas a manter e mostra as debilidades a corrixir identificadas por un experto externo, que marcan o camiño a seguir, apuntando accións en materia de comunicación e sensibilización, cultura e liderado, desenvolvemento e promoción, retribución, flexibilización e conciliación, selección, prevención do acoso, medición e seguimento.

O noso compromiso coa igualdade foi recoñecido co “Distintivo de Igualdade na Empresa” (DIE) outorgado polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade en novembro de 2018, e aínda vixente, en virtude do desenvolvemento de políticas de igualdade de oportunidades, mediante plans de igualdade integrais, medibles e con resultados concretos. Esta certificación é outorgada tras un exhaustivo proceso de verificación das actividades relacionadas coa igualdade, co obxecto de constatar o nivel de excelencia e transversalidade na xestión.

– 10 % auga captada do medio

-61% captación auga doce

Este aspecto forma parte da Política de Responsabilidade Corporativa e, no que se refire ao consumo de auga, é un dos indicadores clave da nosa xestión responsable do medio ambiente. Neste sentido, realízase unha medición permanente da pegada hídrica das nosas actividades, análise do estrés hídrico ou estudos e proxectos de redución.

+17 % potencia instalada renovables

0,3 TWh de capacidade produción e inxección gas renovable

-30 % emisións GEI respecto de 2017

Estamos comprometidos co desenvolvemento sostible da sociedade, garantindo a subministración de enerxía competitiva, segura e co máximo respecto ao medio ambiente.

Sempre foi así, pero nestes momentos de especial transcendencia para o sector enerxético, en particular, e para toda a sociedade, en xeral, reforzamos máis, se cabe, o noso compromiso coa loita contra o cambio climático e a protección do medio ambiente, sendo a transición enerxética unha oportunidade única para transformar a compañía e contribuír de xeito firme e sostido á descarbonización da economía.

96,7% contratos indefinidos

82,7% auditorias ESG a proveedores

28.356 millóns euros valor económico xerado a provedores

Desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos a garantir o traballo decente en todas as localizacións onde operamos. Para iso, aplicamos unha Política de Dereitos Humanos na que se recollen, entre outros principios, o de erradicar o traballo infantil, facilitar a liberdade de asociación e ofrecer un emprego digno. Para iso, realízanse avaliacións e auditorías ESG a provedores, foméntanse as compras locais e participamos no Programa de Primeira Exportación.

Ademais, o noso Plan de Igualdade e Diversidade recolle o compromiso coa igualdade e aglutina iniciativas específicas para a xestión de persoas en tres ámbitos de actuación: xénero, discapacidade e idade. Así mesmo, a prevención e seguridade no traballo son aspectos clave na xestión diaria da compañía, as cales se materializan no Plan de Seguridade e Saúde.

Diversidad e igualdad

Es fundamental para nosotros fomentar la diversidad e igualdad de oportunidades y mantener un entorno de respeto, escucha y diálogo permanente, prestando especial atención a la consecución de los objetivos en materia de género y a la inclusión de las personas con discapacidad, haciendo extensible este último compromiso a los proveedores y empresas colaboradoras.

Promovemos una cultura inclusiva, donde existe conciencia y acción para integrar y conectar la diversidad. Esta visión de interés por las personas orienta en la manera de trabajar y alcanzar los objetivos de la compañía, compartiendo esta visión también con toda la cadena de valor en los diferentes negocios donde operamos.

Este compromiso se confirma, con visión global, en la estrategia de Sostenibilidad y de Personas, así como en la Política de Responsabilidad Corporativa, el Código Ético, la Política de Igualdad de Género, y el Protocolo de Prevención del Acoso laboral.

Compromiso con la igualdad

O noso Plan de Igualdade enmárcase no compromiso e aposta polo desenvolvemento das relacións laborais baseadas na igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e a non discriminación, e constitúese como ferramenta efectiva para a salvagarda da igualdade entre mulleres e homes.

A igualdade de trato e oportunidades en materia de emprego e ocupación é o principio fundamental das relacións laborais e xestión de persoas, e a compañía declara o seu firme compromiso de garantir a igualdade de trato en todos os ámbitos e para todos os efectos, non permitindo a discriminación por razón de sexo ou outra índole e promovendo unhas condicións de traballo respectuosas coa igualdade.

Gestión de la diversidad

A xestión da diversidade forma parte do noso proxecto empresarial sostible e comprometido no investimento e no impulso do talento diverso que ten a organización e as persoas que a forman.

O noso esforzo nesta materia materialízase mediante iniciativas concretas en catro ámbitos: Xénero, Xeracional, Discapacidade e Funcional.

Protocolos

O respecto e a dignidade constitúen o punto de partida das relacións con e entre os nosos profesionais. As devanditas relacións baséanse nos principios de confianza, respecto e igualdade de oportunidades.

Rexeitamos e prohibimos expresamente calquera manifestación de acoso físico, psicolóxico, moral, sexual, por razón de sexo ou abuso de autoridade. Tamén rexeitamos e prohibimos expresamente calquera outra conduta que poida xerar un ámbito de traballo intimidatorio, ofensivo ou hostil para as persoas.

A finalidade do Protocolo de Acoso Sexual ou por razón de sexo é implantar un procedemento de prevención e actuación fronte ao acoso sexual, coa intención de reforzar un mecanismo que fixe como actuar de xeito integral e efectivo ante calquera comportamento que poida resultar constitutivo de acoso sexual ou por razón de sexo, establecendo as medidas necesarias para previr, identificar e combater o acoso sexual, asegurando que o procedemento de actuación fronte a tales situacións garanta en todo momento os dereitos das vítimas.

84,5 millóns euros investimento anual innovación

Mantemos un compromiso coa industria e as súas infraestruturas que se materializa nos diversos proxectos que se impulsan dende o ámbito da innovación.

Esta é unha das nosas pancas claves de crecemento, xa que habilita a incorporación de novas ou mellores prácticas, novos modelos de negocio e tecnoloxías que permiten que a compañía sexa máis eficiente e competitiva. Sempre á vangarda e poñendo o cliente no centro de todo o seu esforzo.

A forma de concibir a innovación permítenos transformar os riscos en oportunidades, como contribución á creación dunha compañía áxil e capaz de vivir con solvencia nun marco de transformación constante.

Fondo solidario de rehabilitación enerxética 4.410 vivendas rehabilitadas

Escola de Enerxía 4.134 asistentes

Voluntariado enerxético 2.502 familias atendidas

Plan de vulnerabilidade enerxética

Para nós, as persoas están no centro, e máis aínda os colectivos vulnerables que necesitan protección. Por iso, temos un Plan de Vulnerabilidade enerxética que constitúe a estratexia para axudar a paliar esta eiva social. O Plan constituíuse en 2017 e seguiu evolucionando e adecuándose á realidade de cada ano.

O Plan trabállase dende diferentes áreas da compañía con dous actores fundamentais: a Fundación Naturgy e a área de Clientes. Busca ir máis alá de cumprir coa lexislación vixente e impulsa convenios de colaboración cos distintos organismos públicos e privados implicados, como elemento no que se basean o resto das actuacións.

+36 % investimento actuacións ambientais

-41 % emisións directas (alcance 1 e 2) respecto 2017

Desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos a mellorar a eficiencia enerxética e a calidade do aire das cidades, para o que minimizamos o noso impacto ambiental respecto ao uso da auga, o chan e a xeración de residuos e realizamos un exhaustivo control dos nosos riscos ambientais. 

89,9% volume compra provedores locais

5.837 avaliacións provedores

Mantemos un compromiso coa produción e consumo responsable que vai máis alá dos requirimentos legais, xa que levamos a cabo accións de redución de consumo de recursos, auga e enerxía. Tamén realizamos un labor educativo cos nosos grupos de interese, como formación ambiental aos empregados e sensibilización de provedores e clientes neste aspecto.

Ao mesmo tempo desenvolvemos a nosa actividade comprometéndonos coa sostibilidade na nosa cadea de subministración. Ademais de potenciar a adxudicación de compras a provedores locais, promovemos o cumprimento dos códigos éticos e políticas da compañía ao longo da cadea de subministración, e incorporamos criterios de sostibilidade na avaliación e xestión de provedores, máis alá do cumprimento normativo.

353 proxectos de biodiversidade

-30 % emisións GEI respecto de 2017

0,3 TWh capacidade produción ou inxección gas renovable

Política de Responsabilidade Corporativa e a Política de Medio Ambiente que emana dela asumen voluntariamente o compromiso de ser un actor clave na transición enerxética cara a un modelo de economía circular, baixo en carbono e dixital, traballando en catro eixes ambientais estratéxicos: Goberno e xestión ambiental, Cambio climático e transición enerxética, Economía circular e ecoeficiencia, e Capital natural e biodiversidade.

Sen deterioración de masas de auga nin biodiversidade

2,2% consumo do total auga captada

Na xestión de verteduras, realízanse estudos da calidade da auga procedente das centrais térmicas unha vez depurada e os resultados destas análises garanten que a compañía non xera impactos significativos nos ecosistemas acuáticos. Así mesmo, dende a compañía establecemos alianzas con terceiros, especialmente con organizacións conservacionistas e organismos públicos, para levar a cabo actuacións nesta materia, entre outras, a limpeza de zonas costeiras e protección de especies mariñas.  

350 proxectos de biodiversidade

14 accións voluntariado ambiental

50 ha. actuacións de restauración ambiental

Levamos a cabo actuacións para a protección e conservación de especies e espazos naturais máis alá dos requirimentos legais, estudos de diagnóstico na contorna das súas instalacións e actividades de educación e concienciación a grupos de interese, que forman parte do Plan de Biodiversidade.

Ademais, dende a Fundación Naturgy realízanse accións de voluntariado ambiental corporativo para fomentar entre os empregados e as súas familias unha actitude positiva na conservación da biodiversidade. A nivel global, leváronse a cabo 22 accións de voluntariado ambiental.

Como exemplo, UFD, distribuidora eléctrica do Grupo Naturgy, realizou unha iniciativa pioneira que utiliza solucións baseadas na natureza para controlar a vexetación nas zonas situadas baixo os tendidos eléctricos en colaboración co Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE). A redución da vexetación baixo as liñas eléctricas é necesaria para garantir a seguridade e realízase habitualmente mediante medios mecánicos. O proxecto realizado ha consistido en innovar, substituíndo o emprego de maquinaria por gando autóctono, con menor impacto no medio ambiente e impulsando o pastoreo tradicional e o desenvolvemento rural. Está a traballarse en implantar esta medida noutras xeografías.

O cumprimento en materia de integridade e de confianza é un dos nosos retos que afrontamos dun xeito coordinado. Temos a convicción de que toda a organización debe ter un enfoque de actuación homoxéneo, enmarcado no Código Ético da compañía e baixo un modelo de xestión de compliance.

O corpo normativo susténtase no Código Ético que se complementa co Código Ético do Provedor, o Modelo de Prevención Penal, a Política de Compliance, a Política Anticorrupción, a de Dereitos Humanos e outras normas e modelos de control que aseguran a eficacia das operacións en cada un dos ámbitos da compañía.

A auditoría interna é a actividade de valoración, independente e obxectiva, que asegura e salvagarda o conxunto do sistema de control da compañía e da normativa externa e interna.

O compromiso coa integridade leva consigo entender e xestionar non só os riscos propios, senón tamén ter en consideración e incluír na toma de decisións os potenciais riscos que a nosa actividade pode ter sobre as persoas e sobre o medio. Con isto como premisa, cobra especial relevancia a Política de Dereitos Humanos que, a través dos seus dez compromisos, ten en conta os grupos de interese que poidan verse afectados polas actividades da empresa e, en especial, os máis vulnerables.

FTSE4Good

Renovación do liderado entre as empresas máis sostibles do sector Utilities

Carbon Disclosure Project (CDP)

Recoñecidos nos postos de liderado a nivel mundial (A-) pola nosa acción fronte ao cambio climático e a xestión da auga.

Euronext Vigeo

Formamos parte da variante Euro 120, a partir da avaliación realizada pola axencia cada dous anos.

Sustainalytics

Presentamos un perfil de risco medio fronte ás 706 utilities avaliadas.

ISS ESG

Mantémonos dentro do 10% de empresas do sector con mellor valoración

Ecovadis

Valorado coa medalla de oro o noso desempeño en materia social, medioambiental e de bo goberno por parte deste provedor mundial de cualificación de sostibilidade empresarial

S&P Global

Sitúanos entre o 10 % con mellor puntuación no ‘Sustainability Yearbook 2024’ a partir da avaliación de sostibilidade realizada pola axencia no ano 2023.

Moody’s ESG solution

Outórganos unha puntuación de 60 puntos sobre un máximo de 100, o que nos sitúa nunha categoría avanzada de desempeño

Consideramos imprescindibles as alianzas para fomentar o desenvolvemento. Mantemos un compromiso de colaboración coa sociedade que vai máis alá da actividade empresarial e que se concreta nun amplo labor de patrocinio e mecenado. Os recursos destinados a programas culturais, sociais, de enerxía e medioambientais céntranse naqueles proxectos que xeran un maior valor para a sociedade, á vez que permiten reforzar o compromiso adoptado pola compañía para integrarse, de xeito positivo, en cada comunidade e país onde desenvolvemos a actividade de negocio.

Formamos parte do Consello de Mecenado do Liceo, colaborando, deste xeito, coas iniciativas que reverten no fomento da cultura e a ópera.

Coa cultura

Colaboramos cos fins fundacionais do Teatro Real orientados á programación e xestión de actividades musicais, líricas e coreográficas.

Colaboramos co MNAC na promoción e difusión da historia da arte catalá.

Co medio ambiente e sustentabilidade

Forética ten a misión de fomentar a integración dos aspectos sociais, ambientais e de bo goberno na estratexia e xestión de empresas e organizacións. Cun obxectivo: alcanzar un futuro sostible

Organización dedicada ao mantemento e desenvolvemento dos traballos que se realizan en ámbitos tan diferentes como a recuperación e rehabilitación de fauna, a cría en catividade de especies ameazadas, a conservación de espazos naturais e a educación e sensibilización ambiental.

Entidade que traballa na restauración e conservación dos ecosistemas, transferindo o coñecemento académico a proxectos operativos co máximo rendemento social.

Colaboramos con Bosquia co obxectivo de coidar e protexer os nosos bosques.

Coa investigación e o talento

Patrocinamos os Premios da Enerxía na categoría “Utilización Eficiente da Enerxía”.

Plataforma de comunicación creada co obxectivo de conectar a directivas e empresarias de todos os sectores e rangos profesionais, para fomentar e contribuír nos hábitos saudables da muller na empresa.

Coa formación

A nosa compañía forma parte do padroado da Fundación cuxos obxectivos son a promoción da educación e a formación de mozos.

A fundación potencia a actividade docente e a investigación en áreas de ciencia e química, e administración de empresas. Colaboramos con 2 bolsas.

Colaboramos co Energy Club, unha entidade que promove actividades para a educación e a análise do sector da enerxía mediante conferencias como o Global Energy Day.

Os datos incluídos en cada un dos ODS (agás os que expresamente confirmen outra cousa) están referidos a 31/12/2023.

Información de interese

Informes de

Sustentabilidade

Informe de

Biodiversidade

Plan de

Vulnerabilidade