Política de Cookies

I. OBXECTO

O sitio web www.naturgy.com (en diante, o “Sitio Web”) é titularidade de Naturgy Energy Group, S.A. (en diante, ‘’Naturgy’’). Este Sitio Web utiliza unha tecnoloxía denominada “cookies” que permite solicitar información acerca do uso que vostede fai deste.

Esta Política de cookies ten por obxecto informalo de xeito claro e preciso sobre as cookies que se utilizan no noso Sitio Web.

II. QUE SON AS COOKIES?

As cookies son pequenos arquivos que se descargan no seu equipo (ordenador, teléfono móbil ou outro dispositivo con acceso online) cando vostede visita unha determinada páxina web, coa finalidade de almacenar información relacionada coa navegación realizada.

En xeral, as cookies poden servir para finalidades moi diversas, como por exemplo, recoñecelo como usuario, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma en que se mostra o contido do sitio web.

A instalación de cookies no seu equipo require do seu consentimento previo, a excepción das cookies técnicas, que están exceptuadas da devandita obriga, posto que son necesarias para o correcto funcionamento e navegación no noso Sitio Web.

III. TIPOS DE COOKIES E CALES UTILIZAMOS NO NOSO SITIO WEB

Existen diferentes tipos de cookies en función da entidade que as xestione, da finalidade á que se destine a información obtida a través delas e do tempo que permanezan activadas no seu equipo.

No cadro que se achega a continuación encontrará unha descrición xeral dos diferentes tipos de cookies que se utilizan máis frecuentemente, se ben o noso Sitio Web pode non facer uso de todas elas. Por iso, debaixo do cadro facilitarémoslle información detallada de cales son as que nós utilizamos e as súas características concretas.

TIPOS DE COOKIES

CATEGORÍATIPOLOGÍAFINALIDAD
Segundo a entidade que as xestioneCookies PropiasSon aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio xestionado por Naturgy e dende o que se presta o servizo solicitado polo usuario.
Cookies de TerceiroSon aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio que non é xestionado por Naturgy, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.
Segundo a súa finalidadeCookies necesariasAs cookies necesarias axudan a facer unha páxina web utilizable activando funcións básicas como a navegación na páxina e o acceso a áreas seguras da páxina web. A páxina web non pode funcionar adecuadamente sen estas cookies.
Cookies de preferenciasAs cookies de preferencias permiten á páxina web lembrar información que cambia a forma en que a páxina se comporta ou o aspecto que ten, como o seu idioma preferido ou a rexión na que vostede se encontra.
Cookies estatísticasAs cookies estatísticas axudan aos propietarios de páxinas web a comprender como interactúan os visitantes coas páxinas web.
Cookies de mercadotecniaAs cookies de mercadotecnia utilízanse para rastrexar os visitantes nas páxinas web. A intención é mostrar anuncios relevantes e atractivos para o usuario individual e, polo tanto, máis valiosos para os editores e terceiros anunciantes.
Segundo o tempo que permanecen activadasCookies de SesiónSon aquelas que están deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o usuario accede ao sitio web. Adóitanse utilizar para almacenar información que só interesa conservar para a prestación do servizo solicitado polo usuario nunha única ocasión e desaparecen ao terminar a sesión.
Cookies PersistentesSon aquelas nas que os datos seguen almacenados no equipo, e se pode acceder a eles e poden ser tratados durante un período definido polo responsable da cookie, podendo variar entre uns minutos e varios anos.

COOKIES QUE UTILIZAMOS NO NOSO SITIO WEB E XESTIÓN DE PREFERENCIAS

O noso Sitio Web utiliza cookies técnicas para cuxa instalación non é necesaria a obtención do seu consentimento.

Así mesmo, o noso Sitio Web utiliza outras cookies que requiren do seu consentimento previo para poder ser instaladas. A información que se obtén a través destas cookies pode ser utilizada tanto por Naturgy coma polo titular destas.

A continuación, mostrámoslle os tipos de cookies para os que actualmente nos consta que prestou o seu consentimento, xunto á ferramenta que lle permitirá cambiar as súas preferencias sempre que o desexe. Todo iso seguido da descrición de todas as cookies que utilizamos no noso sitio web.
  

XESTIÓN DE PREFERENCIAS

IV. FORMAS DE OUTORGAR, DENEGAR OU REVOGAR O CONSENTIMENTO PARA O USO DE COOKIES

Vostede pode outorgar ou denegar o seu consentimento para a utilización das cookies antes descritas a través do panel de configuración de cookies.
Unha vez outorgado o seu consentimento ás cookies a través do panel de configuración de cookies, se posteriormente vostede desexa modificar as súas preferencias poderá facelo a través da ferramenta de Xestión de Preferencias dispoñible no Apartado III desta Política de cookies.

Así mesmo, informámolo de que pode bloquear, inhabilitar ou eliminar as cookies en calquera momento modificando a configuración do seu navegador. Para máis información, recomendámoslle que consulte a axuda do seu navegador acerca de como xestionar as cookies. A continuación facilitámoslle as ligazóns á información sobre como xestionar o uso de cookies dos navegadores máis comunmente utilizados:

  

V. TRANSFERENCIAS DE DATOS A TERCEIROS PAÍSES

Respecto dos datos solicitados a través de cookies propias, estes son tratados dentro do Espazo Económico Europeo ou en países que foron declarados cun nivel adecuado de protección.

En canto ás cookies de terceiros, para informarse das transferencias a terceiros países que, se é o caso, realizan os terceiros identificados na presente política de cookies, consulte a información sobre as devanditas cookies dispoñible no sitio web destes terceiros, cuxa ligazón lle proporcionamos no cadro do Apartado III desta Política no que describimos as cookies que se utilizan neste Sitio Web. 

VI. MÁIS INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Recomendámoslle que consulte a nosa Política de Privacidade para obter máis información acerca do tratamento de datos persoais que realizamos, así como a forma de exercer os seus dereitos e reclamacións ante o Delegado de Protección de Datos de Naturgy ou a autoridade de control correspondente.

VII. CAMBIOS NESTA POLÍTICA DE COOKIES

É posible que actualicemos a Política de cookies do noso Sitio Web. Por iso, recomendámoslle revisar periodicamente esta política co obxecto de estar convenientemente informado sobre o uso que facemos das cookies.