Vulnerabilidade enerxética

As persoas están no centro, e máis aínda os colectivos vulnerables que necesitan protección. Por iso, temos un Plan de Vulnerabilidade enerxética que constitúe a nosa estratexia para axudar a paliar esta eiva social. O Plan constituíuse en 2017 e seguiu evolucionando e adecuándose á realidade de cada ano.

O Plan trabállase dende diferentes áreas da compañía con dous actores fundamentais: a Fundación Naturgy e a área de clientes. Busca ir máis alá de cumprir coa lexislación vixente e impulsa convenios de colaboración cos distintos organismos públicos e privados implicados, como elemento no que se basean o resto das actuacións do Plan.

Que fai Naturgy?

Sempre fomos sensibles á pobreza enerxética e ás diferentes situacións de dificultade dos nosos clientes, por iso facilitamos o pagamento e desenvolvemos todas as operativas necesarias para axilizar os trámites que permitan dar prioridade as persoas en situación de vulnerabilidade.

Actualmente temos acordos asinados en toda España con diferentes administracións, especialmente con comunidades autónomas, que permiten a protección dos clientes vulnerables.

O papel da Fundación Naturgy

Rehabilitación de vivendas

Iniciativa solidaria para mellorar as condicións de vida das familias en situación de vulnerabilidade mediante a rehabilitación dos seus fogares.

Escola de Enerxía

A Escola de Enerxía para formar técnicos dos servizos sociais e familias en temas relativos á eficiencia enerxética e ao consumo responsable.

Premio á mellor iniciativa social na enerxía

Damos visibilidade a aquelas persoas, entidades ou institucións que destacan no ámbito social, vinculado, directa ou indirectamente, á enerxía.

Voluntariado enerxético

A solidariedade e o compromisomove aos nosos empregados voluntarios para asesorar directamente persoas en situación de vulnerabilidade enerxética.

 

Acceso á enerxía

Desenvolvemos a nosa actividade en zonas nas que a subministración de enerxía non alcanza a toda a poboación e, para nós, é unha prioridade atender as persoas que viven nestas áreas. Por iso, traballamos activamente no desenvolvemento das súas redes de distribución, para ofrecerlles un servizo seguro.

Ademais, somos sensibles aos distintos temas e situacións que comprometen o pagamento da subministración. Por este motivo, facilitamos –mediante diferentes mecanismos— a continuidade da subministración e a protección dos clientes vulnerables. Así, desenvolvemos sempre unha política proactiva contra a pobreza enerxética, protexendo os nosos clientes vulnerables en España mediante o cumprimento da lexislación vixente e a promoción e impulso de convenios de colaboración con distintos organismos públicos e privados.

Información de interese

Plan de Vulnerabilidade Enerxética
Dossier
de prensa