Transición xusta

Queremos contribuír a unha transición enerxética socialmente xusta e equitativa

Implantamos plans de acompañamento para fomentar a actividade económica nos territorios onde se sitúan as centrais

A transición enerxética implica unha serie de transformacións que, en ocasións, pode xerar efectos colaterais nalgunhas comunidades que se ven afectadas polos cambios na economía e empregabilidade dos seus territorios. O impacto dos peches das centrais de carbón é un exemplo destes. Para abordalos, seguimos un enfoque baseado nas seguintes premisas:

  • Primamos as medidas medioambientais e os procedementos de seguridade e saúde nos desmantelamentos.
  • Estamos comprometidos cos grupos de interese no ámbito das centrais.
  • Damos unha segunda vida ás localizacións buscando alternativas para novos usos industriais.
  • Mitigamos na medida do posible o impacto económico e sobre o emprego nas zonas, a través de plans de acompañamento, en coherencia co vínculo histórico cos territorios.
  • Apoiamos a creación de emprego e contribuímos á formación dos traballadores en novas habilidades adaptadas aos requirimentos que leva consigo a transición enerxética.
Anllares
Ano inicio operación comercial 1982
Potencia (MW)350
Instalacións adxacentes Encoro e vertedoiro de cinzas e escouras
Data inicio desmantelamento 01.07.2019
Plazo estimado paraPrazo estimado para finalizar desmantelamento 29 meses
Grao avance desmantelamento (%) (%)98
La Robla
Ano inicio operación comercial 1971
Potencia (MW)655 (2 grupos)
Instalacións adxacentes Encoro e vertedoiro de cinzas e escouras
Data inicio desmantelamento 25.01.2021
Prazo estimado para finalizar desmantelamento 41 meses
Grao avance desmantelamento (%) (%)93
Meirama
Ano inicio operación comercial 1980
Potencia (MW)550
Instalacións adxacentes 2 encoros, 1 vertedoiro de cinzas e escouras
Data inicio desmantelamento 10.12.2020
Prazo estimado para finalizar desmantelamento 36 meses
Grao avance desmantelamento (%) (%)86
Narcea
Ano inicio operación comercial 1969
Potencia (MW)530 (3 grupos)
Instalacións adxacentes 2 encoros, 1 vertedoiro de cinzas e escouras
Data inicio desmantelamento 29.09.21
Prazo estimado para finalizar desmantelamento 41 meses
Grao avance desmantelamento (%) (%)56

Impactos

Sociedade

Este proceso busca seguir avanzando na transformación da compañía e, asemade, apoiar a xeración de emprego, fortalecer o tecido produtivo das localizacións das centrais de carbón e compartir valor coa sociedade.

Emprego

Entendemos o desafío da transición xusta como unha oportunidade única para transformar o noso modelo produtivo e facer deste proceso un motor de investimento e xeración de emprego.

Documentación

 Informe de transición xusta 2021