Comeza / Sustenibilidade / Coa sociedade / Fundación Naturgy
Fundación Naturgy
A nosa vocación é a acción social, a formación e a sensibilización da sociedade
Concibe e pon en marcha proxectos aliñados coa súa misión de formación, divulgación e sensibilización en enerxía e ambiente
A Fundación Naturgy é unha institución sen ánimo de lucro creada en 1992 por Naturgy, cunha vocación de formación e sensibilización da sociedade en materia de sostibilidade, enerxía e medio ambiente. Desenvolve programas sociais para paliar a vulnerabilidade enerxética e impulsa actividades técnicas, formativas e divulgativas para comprender os retos ambientais do planeta e mover a sociedade á acción.
Liñas de traballo da Fundación
máis preto de ti
A Fundación Naturgy desenvolve distintos programas de acción social tanto no ámbito nacional coma internacional, para contribuír a paliar a vulnerabilidade enerxética dende diferentes ámbitos de actuación: a rehabilitación enerxética de vivendas, a formación e o voluntariado enerxético. Ademais, xestiona o voluntariado ambiental de Naturgy, co fin de sensibilizar sobre a protección da nosa contorna e mellorar espazos naturais con actuacións concretas de recuperación ambiental.
A nosa Fundación divulga e sensibiliza sobre aspectos de actualidade relacionados coa enerxía e o medio ambiente. O obxectivo é achegar a opinión dos expertos á sociedade, con propostas precisas que permitan avanzar na achega de coñecementos, alternativas e solucións, e que promovan un debate serio e rigoroso baseado no coñecemento.
Ofrece unha proposta formativa e divulgativa que ten como obxectivo a transmisión de valores sobre o cambio de modelo enerxético, a preservación do medio ambiente, o uso eficiente e o consumo responsable da enerxía para un futuro mellor para todos. O programa educativo da nosa Fundación promove o coñecemento de disciplinas tecnolóxicas e ofrece as ferramentas necesarias para comprender as novas tecnoloxías enerxéticas.